1ª
Autonómica G.2º, futbolistas dos equipos
“costeiros”: A falta de tres
xornadas, o soneirán Basti, que non conseguiu marcar nas dúas últimas, continúa
destacado na táboa dos goleadores cunha marxe de 5 goles sobre o sofanista Raúl,
que lle acurtou un gol ao marcar na última xornada e este supera xa en dous ao
cormelán Lucas e a Piki, (Outes CF) que marchan empatados na 3ª praza.
Na 2ª Autonómica G 3º “liga da costa”: Continúa a disputa ao trofeo “pichichi”
entre tres firmes candidatos: David Blanco (SP. Zas), Adrián Makaay (SD
Fisterra) e Álex Flores (SD Castriz), este último algo mais descolgado ao non
materializar ningún gol na última xornada, pero iso non quere dicir nada por
que as distancias aínda son salvables para calquera deles a faltan de tres xornadas.
Tampouco hai que descartar aínda ao camariñán Yuyo, que esta aí a expectativa e
conseguiu tres goles na última xornada.
Así as cousas, véxanse as táboas da
clasificación que se reflexan a continuación modificadas despois da 31ª xornada:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!