Aínda
que o soneirán Basti, non para de marcar xornada tras xornada, achégaselle
agora un competidor, trátase do sofanista Raúl Díaz, que cos dous goles
logrados na pasada xornada, ven de desbancar ao cormelán Lucas da segunda
praza, aínda que as distancias de ambos sobre o primeiro clasificado da táboa,
son case insalvables a falta de cinco xornadas; isto na 1ª Autonómica G. II dos
equipos “costeiros”.
Na 2ª Autonómica G. III, “liga da costa”,
aparécelle un serio candidato ao
sportinguista David Blanco, trátase de Adrián Makaay (SD Fisterra), futbolista
que veu de menos a mais e que se atopa en moi boa racha goleadora. O xallense
da SD Castriz, Álex Flores, que estivo pugnando durante toda a tempada con
David, parece agora quedarse algo estancado dende que o seu clube perdeu todas
esperanzas de achegarse aos dous primeiros postos da clasificación.
Así as cousas, véxanse as táboas da
clasificación que se reflexan a continuación modificadas despois da 29ª xornada:
AGORA E SEMPRE CA SCD MALPICA!