IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 31ª:
Campo : “Anexo “A Fieiteira”” (Herba artificial, Ribeira))
Equipos : S. H. PALMEIRA – SCD
MALPICA
Data e
hora : Domingo: 17-04-16, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. David Rosende Porto.-(1ª Aut.-Santiago).
Asistentes : Sres. Blanco Ameijeiras e Martínez Sequedo.- (2ª Aut.-Santiago).
Tócalle
desprazarse á SCD Malpica a Santa Uxía de Ribeira, lugar onde se vai disputar o
partido correspondente á 31ª xornada, o motivo de xogarse en Ribeira en lugar
de Palmeira é que este clube ten o seu campo, de herba natural, en pésimas
condicións debido as chuvias caídas durante os pasados días, solicitando da FGF
e da SCD Malpica, autorización para trasladalo.
O Clube
Palmeira, novo esta tempada na categoría, atópase tamén nunha situación
parecida ao equipo malpicán, pois marcha clasificado non posto 16º (descenso) con
23 puntos, e, aínda que matematicamente non esta descendido, esta coa auga ao pescozo.
Das 30 xornadas disputadas, gañou 7 partidos, empatou 2 e perdeu 21, marcou 38
goles e encaixou 91. O seus máximos goleadores son: Vicente con 15 goles,
Moncho con 5, Jorge e Pichichi con 4.
A SCD
Malpica, que por fin, (aínda que algo tarde) unha vez que contou con quince
futbolistas na acta arbitral, primeira vez en toda esta segunda volta, realizou
un partido merecedor dun mellor resultado fronte ao Tordoia CF, pero as circunstancias
puntuais que se deron no partido, tal como a expulsión de Casais, non
permitiron acadar unha vitoria.
Así as
cousas, o “míster” Esmorís, que, aínda que non poderá contar con Alejandro Marquez
nin co mencionado Casais por sanción, recupera fronte ao Palmeira, a Jaco e a Eme,
que xa cumpriron a sanción dun partido, deste xeito volverá a contar polo menos
co mesmo número de futbolistas (quince),
salvo, que os “desaparecidos” Charro, M.
Uru e Rubén, queiran retornar, así polo menos encheríase a Acta arbitral e,
intentaríase recuperarlle puntos ao Palmeira e achegárselle na táboa.
Resultado
da Primeira Volta:
06-12-15: SCD
MALPICA 0–2 CLUBE PALMEIRA (Goles: 0-1, m. 45+2: Jorge. 0-1,
m. 90+2: Moncho).
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 28ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, herba artificial - Malpica)
Equipos : MALPICA - CAMARIÑAS
Datas e
hora : Domingo:
Árbitro : Sr. .-
Nota: Este partido non se disputará, por retirarse
da competición o Camariñas, dándose vencedor ao Malpica, tal como sucedera na
1ª volta.-
Resultado da 1ª volta:
CAMARIÑAS 0 – 3 MALPICA (Retirada da competición do
Camariñas).
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!