IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 32ª Xornada:
Resultado: SCD MALPICA 1 –
2 SD
SONEIRA
SCD MALPICA: Víctor; Alejandro
Marquez, Alberto Marquez, Lolo, (Casais, 46), Roi Carril; Carlos Mallo, (M.
Mara, 56), Eloi Vilas, © Migueliño,
Jaco; (Eme, 81), Cololo, Petís.
SD SONEIRA: Anxo; Figueroa, (Brais
Mouzo, 59), Maikel, (Fran de Urroa, 71), Jota, Aarón, Sandelo, (Óscar, 82), De
la Sierra, © Richi, (Mayor, 61), Basti, Javi, (Nazo, 66), Vía Rápida.
Árbitro: Sr. Ángel Acuña Piñeiro-(1ª Aut.-A Coruña). Moi
meritoria a súa labor, mandando, dialogando e aplicando ben o regulamento.
Asistentes: Sres. Seoane Barros e Maneiro Santos.-(3ª e 2ª Aut.-A Coruña). Ambos os
dous ben.
Goleadores: 0-1, m. 32: apertura de De la Sierra a banda dereita sobre un desmarcado Richi, este
chega a liña de fondo e centra a media altura, Roi
Carril, ao intentar rexeitar o centro introduce o “coiro” na portería de
Víctor. 0-2, m. 41: Basti, recibe de Vía Rápida un pase entre liñas,
intérnase na área ante dous contrarios, e, ante a saída de Víctor. Envía cun
tiro raso e suave ao fondo da rede. 1-2,
m. 47; gran xogada dos malpicáns por banda esquerda iniciada por Alberto
Marquez sobre Jaco este abre ao centro a Cololo que envía en profundidade a
Petís o cal quebra a Figueroa e cando se dispoña a tirar é derrubado polo
lateral, o claro penalti, transfórmao Cololo, de
tiro raso a esquerda de Anxo.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: Non se achegou
con ningunha ocasión de perigo á portería de Anxo o conxunto malpicán en toda a
primeira parte. Na segunda, M. 66: gran
xogada individual de M. Mara por banda dereita, cun centro ao segundo pau onde
aparece Cololo, o cal practicamente baixo paus, envía incomprensiblemente por
enriba do traveseiro. M. 90+2: longo
saque de banda de Alejandro Marquez, toca coa testa Roi Carril, aos pes de Eme,
este coa súa perna dereita (a mala), envía fora a dous metros da portería.
Certo que os futbolistas da SCD Malpica intentaron evitalo cunha gran
segunda parte, pero hoxe por hoxe a diferenza de xogo, colocación e conxunto é abismal, non debemos enganarnos. Tamén é certo
que os malpicáns marcaron o primeiro gol en propia porta e que nalgunha ocasión
clara errada na segunda parte puido significar o empate, pero o Soneira
demostrou que é un digno CAMPIÓN. PARABÉNS! Ao equipo soneirán.

XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 29ª Xornada:
Resultado: SOFÁN 1 – 4 MALPICA
Aliñación do Malpica: Juan; Luazas, Chucho, Alfredo, Alb. Coruña; J.L.
Arcay, Alb. Barizo, Marco, Luís Naya; Bambán, Mútiu. Tamén xogaron: Leo, Wasi, Alb.
Carballo, Bugallo.
Árbitro: Sr. Gerardo.- Regularciño, cortou moito as xogadas
pola mala apreciación dos fora de xogo.
Goleadores: 0-1, m. 33: gran pase en profundidade de Marco sobre Bambán,
que este resolve acertadamente ante o porteiro local. 1-1, m. 57. ca defensa malpicán moi adiantada, casi no medio do campo, un pase en profundidade chégalle a Germán, en clara posición de fora de xogo que Gerardo (moi alonxado da xogada), non sanciona, o dianteiro váise e, no man a man con Juan, báteo por baixo.1-2, m. 62: Bambán, de xogada individual. 1-3, m. 83: pase entre liñas sobre o
desmarque de Bambán, resolvendo este
no man a man co porteiro do Sofán. 1-4,
m. 89: internada por banda de J.L. Arcay, o cal dende a liña de fondo
centra atrás, para que Mútiu,
empalme a rede.
Incidencias: Campo de “Gorgullos” (Tordoia), ata
onde se tiveron que desprazar os malpicáns para disputar o partido. Mañá
soleada e campo de herba artificial algo seco. Non houbo mancados nin
expulsados.
Comentario: A pesar da avultada
vitoria, non libraron un bo partido os
discípulos veteranos do “míster” Dourado. Cun xogo bastante deslavazado os
malpicáns sorprenderon aos sofanistas moi mermados de efectivos, (11 xustos ao
final quedaron con 10 por lesión) grazas ao acerto no remate das catro únicas
veces que tiraron a gol, na que se destacou Bambán, conseguindo un “hat-trick” .
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!