Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 21 de abril de 2016

Axenda de partidos da SCD Malpica, para fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 32ª:

Campo             :          “Pedra Queimada””          (100 x 60, herba artificial, Malpica)                 
Equipos           :           SCD MALPICA       SD SONEIRA  
Data e hora      :          Sábado: 23-04-16, 18:00 horas.-  



Árbitro             :          Sr. Ángel Acuña Piñeiro.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Seoane Barros e Maneiro Santos.- (3ª e 2ª Aut.-A Coruña).
Antepenúltima xornada de liga en campo malpicán, visítanos o “líder” da competición, a SD Soneira, o cal, a falta de tres xornadas, só precisa un punto para proclamarse matematicamente campión, punto que pretenderá conseguir na “Pedra Queimada”.
Á SD Soneira baixo as ordes dun gran adestrador como é Manolito de Dumbría, “Manolito” chega a Malpica cos deberes feitos, manténdose xornada tras xornada nos dous primeiros postos da táboa, colleitou, 21 vitorias, 5 empates e tan só sufriu 5 derrotas. Materializou 72 goles e encaixou 31, acredita 68 puntos.
Para contrarrestar este poderío, Esmorís o “míster” malpicán, dispón, salvo Adra mancado, de toda á plantilla, (20 efectivos) se queren presentarse, pois tamén recupera aos sancionados Casais e Alejandro Marquez.
Así as cousas, esperase unha gran afluencia de seareiros no campo, con moitos seguidores vimianzeses, que, acompañarán ao seu equipo para cantar o “alirón”, cousa que os futbolistas malpicáns loitarán para impedilo e pospoñelo polo menos unha xornada mais, iso si, desexan que á SD Soneira ascenda, xa que se trata un equipo “costeiro”.
Resultado da Primeira Volta:
13-12-15:  SD SONEIRA  2–0  SCD MALPICA       (Goles: 1-0, m. 33: Basti. 2-0, m. 88: Aarón).
           

XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 29ª:

Campo             :           “Gorgullos”   (Herba artificial, Tordoia)
Equipos           :           SOFÁN   -   MALPICA  
Datas e hora    :           Domingo: 24-04-16, 11:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. Gerardo.-


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!