Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 29 de febrero de 2020

Fútbol da "Costa", resultados e clasificación da xornada:


   AFECCIONADOS:

   Á SCD Malpica, volveu a dar a de area na "Pedra Queimada" ao caer derrotado estrepitosamente ante ante un correoso Cabana SD, que se levou os tres puntos merecidamente grazas á ilusión e a intensidade, da que carece nestes intres o conxunto malpicán.
  Formación da SCD Malpica: Ángel Lamas; (Damián, 58), Juan Fuentes, Ceide, Dimitri, (Lucio, 28), Belar; Migueliño, Mante, Alb. Esmoris, Alb. Hombre, (Kevin, 62), Jairo, Adrián, (Aitor, 46).
  Goleadores: 0-1,m. 12: Pablo, de remate no segundo pau. 0-2, m. 43: Cachadiña, de falta lateral directa. 0-3, m. 48: Iván Castro, de remate de cabeza libre de marca. 1-3, m. 60: Mante, cabezazo despois dun saque de curruncho. 2-3, m. 74: Aitor, a centro de Jairo. 2-4, m. 81: Sergio Ferreiro, anticipándose a defensa local tras un saque de falta lonxana.
 Incidencias e tarxetas locais: Tarde gris con moita chuvia, 11º . Uns 75 seareiros nas bancadas, a maior parte de Cabana.
Tarxetas a Juan Fuentes (A), Lucio (A), Jairo, (DA) e expulsado.
Resultados e clasificacións despois da 24ª xornada:

VETERANOS:


   Os Veteranos da SCD Malpica, seguen, nesta segunda parte da liga, a ruta para alcanzar uns dos catro primeiros postos que dan dereito a disputar o ascenso á División de Honra.
 Hoxe no campo de "Xaviña" conseguiu a sétima imbatibilidade das oito xornadas que se levan xogado nesta segunda volta, vencendo ao Xornes FC (1-2).
  Xogaron polo Malpica: Nacho; Alb. Seaia, Alb. Barizo. Suso Zas, Nando Couto; Mútio, Arcay, Marco, Palermo, Alb. Carballo, Richard. 
  Goleadores: 0-1, m. 1: Palermo. 0-2, m. 61: Palermo. 1-2, m. 67: Joaquín.
Resultados e clasificacións logo da 21ª xornada:
 


XUVENÍS:
  Disputáronse na mañá de hoxe os partidos da 22ª xornada da Primeira Autonómica Xuvenil da "Costa", os resultados acadados na xornada son os que a continuación se detallan na táboa que mais abaixo se publíca, así como a clasificación actualizada:

"LVII EDICIÓN DA COPA DA COSTA" 

   Tamén esta mañá, celebrouse na Vila de Muros, o sorteo da LVII edición da "Copa da Costa", coa presenza do Presidente da RFGF, e a maioría dos directivos dos equipos "costeiros", Igualmente, tamén se procedeu ao sorteo da "Copa da Costa" feminino.
  A competición comezará o 01-05-20, cunha eliminatoria previa e finalizará coa grande final o 21-06-20.
  A previa disputarána os equipos de Cabana SD-CSD Sofán (01-05-20) e o CF Porteño-SD Laxe, o 03-05-20.
  Polo que respecta á SCD Malpica, comezará a súa participación nos dezaseisavos de final o 10-05-20, enfrontándose ao Ponteceso SD no campo do "Pinguel". Esta data podería ser trocada, se o Ponteceso SD, esta inmerso nalgunha promoción.-
  Todos os encontros, até aos Oitavos de Final inclusive, serán a partido único.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!