Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 27 de julio de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


    Ábrese o telón para unha nova tempada, á 2018/19 é, á SCD Malpica como cada ano por estas datas comeza os adestramentos.

 Onte xoves, (26-07-18) os malpicáns, realizaron a presentación no campo da "Pedra Queimada" de cara á vindeira liga, (logo da Asemblea ordinaria da Real Federación Galega de Fútbol que se celebrará o dia 30-07-18) coñeceráse a data de comezo da mesma, que será posiblemente, entre o 26 de Agosto ou o 02 de Setembro.

  Na presentación da SCD Malpica, xuntáronse nesta primeira proba, CATORCE futbolistas xunto co novo adestrador GURITA. Esta tempada, exercerá de segundo adestrador-xogador, Dani Casal.

   Ademais dos futbolistas que repiten da tempada anterior: Gonzalo, Dani Casal, Manteca, Änxo Garrido, Jordan, Juan Fuentes, etc..., son altas entre outrosToni, (Mazaricos) e algúns futbolistas malpicáns que retornan ao equipo, ata completar os CATORCE que adestraron. Logo da sesión, celebraron o acontecemento cunha sardiñada agasallados pola xunta directiva da SCD Malpica. 

   A xunta directiva, non descarta aínda mais incorporacións, das que se irá informando oportunamente.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!