Coa asistencia de cinco directivos e 15 socios, celebrouse nas instalacións do campo de fútbol da "Pedra Queimada", á anunciada Asemblea Extraordinaria de Socios da SCD Malpica, na que estaba convocada para presentación de candidatúras á Presidencia do clube malpicán e, se procedía, á elección de nova xunta directiva.
Trala lectura da acta anterior realizada polo Secretario J. Fernándo Couto, éste, fixo unha pequena exposición aos presentes do motivo da celebración da Asemblea, pasando a continuación a palabra ao Presidente Manuel Suárez, o cal a súa vez tamén informou aos socios presentes o por que da Asemblea, explicándolle a todos que, caso de non presentarse candidatos, o vindeiro luns ou martes, se enviaría á RFGF, un escrito de BAIXA E RETIRADA TEMPORAL DA COMPETICIÓN, tras 45 anos de historia da SCD Malpica.
Por parte dos socios, tomaron a palabra varios compoñentes, para comentar de que entre os presentes non había ningunha candidatura, pero algúns deles, tras expoñer os seus pareceres, caso do Sr. Cañizo, Sra. Doris Pombo, Sr. J. Manuel Dourado, Sr. Jesús Vila e Sr. Ramón Gundín, entre outros, prestaronse a colaborar como directivos se o Presidente actual e parte da súa Xunta continuaban.
Así as cousas, e, tras dúas horas e quince minutos de deliberacións, a Xunta Directiva da SCD Malpica, a falta de algúns cargos que non puideron acudir a Asemblea Extraordinaria, quedou constituida polos seguintes membros:
Presidente: D. Manuel Suárez Cotelo
Vicepresidente: D. Jesús Vila Varela
Secretario: Sen decidir
Tesoureiro: D. Manuel Fernando Varela Velo
Vogales: D. Federico Blanco Charlín
Id. D. Manuel Verdes Lista
Id. D. Alfredo Cañizo Garrido
Id. D. Ramón Gundín González
Id. D. Manuel Vilas Varela
De primeiro, a idea da Xunta Directiva e participar nas categorías Cadetes, Xuvenís e Afeccionados, para elo váise solicitar unha entrevista co Sr. Alcalde para ver tal posibilidade.
Á Asemblea, que comezou en segunda convocatoria ás 19:30 horas, deuse por finalizada ás 21.45 horas.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!