Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 11 de julio de 2018

Actualidade da SCD Malpica:



AO FINAL, PRODÚCESE O “CONSENSO” A TRES BANDAS ENTRE O CONCELLO DE MALPICA, O SP. SEAIA CF E Á SCD MALPICA.


     Por fin e, a falta só da confirmación de parte dos pais dos rapaces, (algúns xa están decididos) á SCD Malpica, o Sp. Seaia e o Concello de Malpica, chegaron hoxe a un principio de acordo, para que, o clube titular da capital do Concello, compita na vindeira tempada 2018/2019, nas categorías de Cadetes, Xuvenís e Afeccionados nas competicións federadas da “liga da costa”.
    Se hai tan só tres días a existencia da SCD Malpica estaba no “aire” por falta de directiva, hoxe pódese afirmar, que, non só hai directiva, senón que chegouse a un entendemento “tripartito” no que destacou a sincera cordialidade e o sentido común. Acabouse polo tanto satisfactoriamente o “mini culebrón do verán”.
    Así as cousas, mañá mércores, haberá unha xuntanza no Concello malpicán, convocada polo Sr. Alcalde D. Eduardo Parga, onde os Presidentes dos catro clubes representativos do municipio: Buño SCD, UD Cerqueda, Sp. Seaia e SCD Malpica, acordarán diversos temas relacionados coas competicións, subvencións e melloras nos campos de fútbol de Xaviña e Pedra Queimada.
    Á SCD Malpica convida, lanzando un extensivo chamamento aos pais dos rapaces que aínda se atopan indecisos, para encadrarse no clube e competir nas categorías de Cadetes e Xuvenís que se queren formar, igualmente se convida a todos os rapaces de, entre 13 e 18 anos de todo municipio para que acudan a enrolarse no equipo malpicán.

VISITA DO SR. LOUZÁN A MALPICA
   O vindeiro venres día 13, acudirá ao campo de “Pedra Queimada”, o Presidente da RFGF, Sr. Louzán, para tratar co Sr. Parga, alcalde de Malpica e co Presidente da SCD Malpica, varios asuntos relacionados co clube malpicán.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!