Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 12 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


PRIMEIRO AMIGABLE DA TEMPADA:


     Con vistas a preparación da nova Tempada 2018/2019, á SCD Malpica, foi convidado pola SD Soneira de Vimianzo, localidade que se atopa en festas, para celebrar o primeiro partido amigable.
    Encontro clásico de pretempada, aínda que resultou entretido con algunha xogada de mérito por ambos conxuntos.
     O equipo local moito mais rodado (pois ben de participar na copa Deputación da Coruña, ante Fisterra e Boiro), mostrouse mais conxuntado, non obstante á SCD Malpica baixo ás odes do novo adestrador "Gurita", desenvolveuse con bastante soltura, a pesar da xuventude coa que conta nas súas ringleiras (con ata tres futbolistas en idade xuvenil).   

     O partido celebrouse no campo Municipal de Vimianzo, baixo a dirección do colexiado coruñés Sr. Insua Lago, que invalidou un gol a cada equipo, por fora de xogo.

     O resultado final foi:  SD SONEIRA  2  -  2   SCD MALPICA.

     Goleadores:  1-0, min. 17: Basti. 1-1, min. 36: Brais Lado. 2-1, min. 39: Basti. 2-2, min. 46: o xuvenil Martín.

      O conxunto malpicán formou co seguinte equipo inicial:

      Toni; Brais Cean, Manteca, Juan Fuentes, Jorge, Gonzalo, Alberto Hombre, Pedro, Brais Lado, Dani Casal, Martín.
Tamén xogaron: Ángel, Dimitri, Andy, Fabio, Loureiro, Aitor.
 


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA