Comeza o segundo tercio da liga (11ª xornada) e á SCD Malpica non consegue aliviar a súa situación na táboa, a pesares dos intentos da xunta directiva, fichando futbolistas para iniciar a escalada.
Os homes de "Repi", coa nova fichaxe do centrocampista Omar Naya, visitan o vindeiro domingo a un perigoso Camariñas FC, que tampouco anda moi sobrado de puntos esta tempada.
Os datos da previa ao partido son os seguintes:
Campo: "Irmáns Patiño" (Camariñas, 98 x 58).
Data e hora: Domingo, 26-11-17, 16:15 horas.
Árbitro: Sr. Insua Lago, (Colexio da Coruña).
Polo que respecta aos Cadetes de "Esmorís", tralo primeiro triunfo da pasada xornada en Camariñas, reciben á SD Sofán, equipo que esta a facer unha gran campaña, dándolle froitos ao excelente traballo que esta a facer a directiva sofanista. Os malpicáns, esperan continuar sumando para situarse na táboa nos postos templados que é a meta que se propoñen nesta primeira tempada.
Campo: "Pedra Queimada" (Malpica, 100 x 60).
Data e hora: Domingo, 26-11-17, 11:00 horas.
Árbitro: Sr. David Vázquez Lema, (Colexio da C. da Morte)
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!