Mal comezo dos xuvenís da SCD Malpica, que, tras catro anos sen competir, saltaron ao campo da "Pedra Queimada" moi pouco conxuntados, pois a selección de futbolistas levouse a cabo moi precipitadamente e casi non dou tempo a facer adestramentos.
Pola súa banda o rival, o SP. Seaia, presentouse practicamente cun equipo que veñen traballando dende hai tres tempadas, dende infantís, e xa se coñecen e xogan case de memoria, o resultado xa o di todo 7-1.
Formación da SCD Malpica: Iker; Nichi,(Villar, m. 56), Villa, Juan Abelenda, (Iván Vidal, m. 67), Souto, Renzo, Cristian Varela, Ramos, Costi, David Abelenda, Álex.
Goleadores: 1-0, m. 3: Luís. 2-0, m. 22: Luís. 3-0, m. 33: Raúl. 4-0, m. 39: Cristian. 5-0, m. 42: Cristian. 6-0, m. 47: Luís (p). 6-1, m. 76: Álex. 7-1, m. 82: Luís.

Aliñación: Suso; Chaves, Pedro, Luís Naya, Alb. Seaia, Arcay, Alb. Barizo, Palermo, Leo, Javi, Suso ,Zas.
Tamén xogaron: Abel, Carlos, Washi, Nando Couto e Douri.
Gol: 1-0, m. 22: Jesús García.
LIGA DA COSTA:
Sorprendente derrota da SCD Malpica ante o UC Cee, na "Pedra Queimada" logo de tirar pola borda unha vantaxe de dous goles (3-1) coa que se chegou ao tempo de "lecer".
Resultado: SCD Malpica 3 - 4 UC Cee.

Goleadores: 0-1, m. 14: J. Fuentes, p.p. 1-1, m. 30: Aitor. 2-1, m. 35: Aitor. 3-1, m. 39: J. Fuentes. 3-2, m. 53: Adrián. 3-3, m. 76: Ezequiel. 3-4, m. 86: Rubén.
Ambiente: Uns 125 seareiros nas bancadas.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!