2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 1ª :
Campo : “Pedra Queimada”
(Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD MALPICA – SD CASTRIZ
Data e
hora : Domingo: 08-09-19, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. Óscar Santos Rodríguez , (2ª Galicia, colexio Costa da
Morte)
Ábrese o esceario doutra tempada mais da "Liga da Costa", concretamente da 2019/2010.
Á SCD Malpica, baixo a batuta do adestrador Adrián Bardanca (Gurita), presentase, con tan só catro novidades con respecto a tempada pasada: o porteiro Damián (Ponteceso SD), David Lorenzo (SD S. Lourenzo), Cristian "Pache" (Sen equipo) e Kevin Reino (Escrobas CF).
A PLANTILLA COMPLETA É A SEGUINTE:
Porteiros: Ángel Lamas, Damián.
Defensas: Mante, Brais Ceán, Laik, Juan Fuentes, Cristian Villar, Andy, Belar.
Medios: Migueliño, Alberto Hombre, Roberto, Aitor Vilas, Kevin Reino, Dimitri.
Dianteiros: David Lorenzo, Pache, Michi Castro, Martín Villar.
Adestrador: Adrián Bardanca Martínez (Gurita).
Delegado: Federico Blanco Charlín.
Esta lista de 19 futbolistas, pódese ver incrementada coas incorporacións de David López, Jorge Martínez e Gonzalo Vilariño, que nestes intres arrastran lexións da tempada anterior e están en fase de recuperación.
Igualmente, e, dado que esta tempada vaise competir con equipo xuvenil, o adestrador en calquera momento poderá facer uso deles e aliñalos no primeiro equipo.
A nova Xunta Directiva esta moi motivada co comezo, este vindeiro domingo, dunha nova tempada e espera que o equipo loite polos postos altos da táboa, logo co paso das xornadas se irá vendo.