Mínimo pero suficente triunfo da SCD Malpica no dificil campo "Eleuteiro Balayo" ante un CD Muros, rival correoso que vendeu cara a súa derrota a base de fútbol directo, ante o reposado e combinativo xogo dos futbolistas malpicáns.
Con esta vitoria, (e xa van catro consecutivas sen perder) os malpicáns escapan momentaneamente dos postos baixos da táboa e acomódanse nunha excelente 8ª posición.
Pola SCD Malpica formaron: Ángel Lamas; Mane, Andy, (Belar, 85), Dimitri, (Jorge, 58), Juan Fuentes, Capelán, Aitor, Roberto, (Migueliño, 55), Dani Casal, Gonzalo, Marcos, 82), Jairo.
Gol: 1.0, m. 50: Dani Casal, de espléndida falta directa á escuadra.
Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, a punto de dar a campanada ante o "lider" Mazaricos CF.
Os malpicáns, que erraron un penalti nos últimos intres do partido, tras unha excelente intervención do porteiro local a tiro de Palermo, fixeron sufrir ao "lider" até o último momento. (4-3).
Goleadores: 1-0, m. 22: José M. Alvite. 1-1, m. 24: Palermo. 2-1, m. 36: Ramón F. 3-1, m. 62: Lavandeira. 4-1, m. 77: Ramón F. 4-2, m. 79: Negro. 4-3, m. 80: Palermo.
Resultados e clasificacións:
Os futbolistas da SCD Malpica, dedicaron a vitoria ao seu compañeiro BRAIS LADO, polo pasamento da súa nai no día de onte, e que non se puido desprazar a Muros polo lutuoso trance.
TODA FAMILIA DA SCD MALPICA, ACOMPAÑA NO SENTIMENTO AO GOLEADOR MALPICÁN.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!