Trala imprevista derrota na "Pedra Queimada" na xornada pasada; correspóndelle desprazarse á SCD Malpica, nesta, a Lira, a enfrontarse ao CF Lira, equipo que disputa os seus partidos no campo de "Lombáns" (Carnota).
O Clube de Fútbol Lira, debutou na "liga da costa" na tempada 1979/80, figurando nela, coa actual, 40 tempadas, repartidas nas seguintes categorías: 8 na Primeira, 23 na Segunda e 9 na Terceira. Durante estes perídos, acadou 2 títulos da "liga da costa" (2ª Rexional, T. 1980/81, 1994/95)e 1 da "copa da costa" (1ª Rexional, 1995/96).
Despois de recuperar a 2ª Autonómica,(2017/18) tras 7 tempadas na 3ª,esta tempada non esta a facer unha boa campaña, pois na actualidade marcha de penúltimo na táboa con: 13 puntos. Gañou 3 partidos, empatou 4 e perdeu 10, leva marcados 24 goles e encaixado 51.
Ante estes irregulares resultados, os homes de Adrián Bardanca (Gurita), viaxan con certo optimismo para traer de volta os tres puntos para Malpica. Para este choque os malpicáns teñen as baixas de D. Casal e Juan Fuentes, por sanción.
Os veteranos da A.V da SCD Malpica, viaxan a Leiloio a pelexar cos Veteranos de Leiloio no campo da "Feira Nova", o cal tras a boa racha que están atravesando, esperan traer un resultado postivo.
2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 18ª:
Campo : “Lombáns” (Carnota,
98 x 57,70, herba artificial)
Equipos : LIRA CF – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 27-01-19, 16:30 horas.-
Árbitro : Sr. Adrián Pérez Rellán, (1ª Galicia, Colexio A Coruña)
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 17ª:
Campo : “A Feira Nova” (Leiloio
. Malpica, 90 x 45 herba natural)
Equipos : CLUBE
VETERANOS LEILOIO – A.V. SCD MALPICA
Datas e
hora : Domingo:
27-01-19, 11:00 horas.-
Árbitro : Sr. Iván Ferreiro Santos, (3ª Galicia, Colexio da Costa
da Morte)