1ª Autonómica Xuvenil – 1ª Fase – (2ª volta) 19ª xornada:
Resultado: PONTECESO SD 8 – 0 SCD
MALPICA
PONTECESO
SD: Xurxo; Adrián, Lorenzo, (Diego
Pérez, 53), Dani Sánchez, Diego ©,
Ismael, Dani Valle, Yago, (Ismail, 70), Cristian, Alberto Recarey, (Dani
Villar, 53), Pablo, (Iván, 75).
SCD
MALPICA: Manuel; Víctor Novo, Kevin, Steven, (Gabi, 62), Canario, Diego, Guille, (David
46), Alberto, (Brais, 46), Almeida, (Chols, 66), Eloy, (Jorge, 46), Pitís.
Árbitro: Sr. Gesto Moral.- (2ª Aut.- A Coruña). Estivo acertado
nas súas decisións.
Goleadores: 1-0, m. 2: Yago cede de tacón a Cristian,
que de gran disparo bate a Manuel. 2-0,
m. 26: xogada individual de Pablo, dende o círculo central salvando
contrarios plantase ante Manuel, e
bateo por baixo. 3-0, m. 45: saque de curruncho
efectuado por A. Recarey, detén en 1ª estancia Manuel, pero o “coiro” cáelle
das lúas e Cristian moi oportuno
remacha na liña de gol. 4-0, m. 45+1:
nada mais sacar de centro, Cristian,
intercepta un pase atrás, vaise como periquiño pola súa casa, encara a Manuel e
báteo cun tiro raso cruzado. 5-0, m. 47:
espectacular tiro de A. Recarey
á escuadra de Manuel. 6-0, m. 67:
golpe franco directo efectuado por Yago,
salvando a barreira mal colocada á escuadra. 7-0, m. 73: o defensa malpicán Canario, entretense co “coiro” que
lle arrebata Cristian, batendo a
Manuel, na súa saída. 8-0, m. 81: de
novo Canario con toda vantaxe para rexeitar, permite que Dani
Valle, lle roube o “coiro”, o cal cun tiro raso a cepa do poste bate
a Manuel.
Ambiente e incidencias: Preto de 70 seareiros nas bancadas, nunha tarde primaveral con 15º de
temperatura. Ambos conxuntos erraron sendos penaltis, Pitís (SCD Malpica), m. 58
e Iván, (Ponteceso SD) m. 90. Non houbo expulsados nis mancados.
Xogadas perigosas da
Ponteceso SD: M. 7: Parada de Manuel a tiro de falta botada por A. Recarey. M. 22: Xogada individual de Pablo, o
cal no man a man con Manuel, tíralle as mans. M. 79: Brais baixo paus, salva un gol cantado a tiro de Cristian. M. 90: Iván, lanza ao poste un penalti
sobre Dani Valle.
Xogadas perigosas da SCD
Malpica: M. 11: medido pase por enriba da
defensa de Alberto sobre Almeida, pero este falla estrepitosamente a vaselina
só diante de Xurxo. M. 18: xogada
individual de Pitís, salvando ata tres contrarios, pero logo só ante Xurxo,
tíralle as mans. M. 58: Pitís,
executa defectuosamente un penalti sobre el mesmo, lanzando o “coiro” as mans
de Xurxo.
Comentario: Sorpresiva, avultada e xusta vitoria dos xuvenís do Ponteceso
SD, fronte a unha cansada e desordenada SCD Malpica.
O equipo pontecesán, dou esta tarde un recital de fútbol e de definición,
marcándolle oito goles a unha descoñecida SCD Malpica, que hoxe desperdiciou
unha ocasión de ouro para amarrar un dos tres postos que dan o pase a 2ª Fase
da liga, meténdose de novo na “pomada” os da Vila do Pondal que, se continúan
xogando así nos tres partidos que restan para finalización desta fase,
probablemente o fagan.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!