Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 16 de enero de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 19ª :
Campo             :           “Municipal de Vilas”      (Asados-Rianxo)                      
Equipos           :           C. D. UNIÓN    SCD MALPICA
Data e hora      :           Domingo: 19-01-14,  16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Martínez Barral.-(1ª Aut.-Santiago).
Asistentes        :           Sres. Piñeiro Rial e Garaboa Fernández.-(.-Santiago).
Desprázase a SCD Malpica esta fin de semana a Asados-Rianxo, a enfrontarse a un rival que loita por manterse da metade da táboa para enriba. O equipo malpicán, que avantaxa ao CD Unión en 6 puntos, preséntaselle a oportunidade de distancialo definitivamente na táboa, xa que o conxunto de Asados, figura no posto 7º e a SCD Malpica no 4º e, caso de saír vitorioso os malpicáns, deixaríano a 9 puntos, vantaxe xa case inalcanzable para os da rianxeira, sendo un rival menos para pelexar polos postos altos da táboa.
Así as cousas, o cadro de D. Baña non o vai a ter doado, pois o CD Unión, non é rival cómodo, segundo indica a clasificación: 18 partidos xogados, 7 gañados, 6 empatados e tan só 5 perdidos, conta con 31 goles a favor e, ollo!, tan só encaixou 23, (1,277 de media) quere iso dicir, que o sistema defensivo estalle a funcionar, pero tamén hai que dicir que dos 5 partidos perdidos, 4 perdeunos no seu campo, sinal que non debe andar moi fino antes os seus seareiros.
Resultado da primeira volta:
08-09-13:    SCD MALPICA  1 – 1  CD UNIÓN            (Goles: 1-0, Cheo. 1-1, Jacobo).















1ª Autonómica xuvenil -1ª Fase – 2ª volta - Xornada 20ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)         
Equipos           :           SCD MALPICA  -  CD BAIO
Data e hora      :           Sábado: 18-01-14,  16:00 horas           
Árbitro :                       Sr. Borja Sánchez García.- (1ª Aut..-A Coruña).
Trala dolorosa e estrepitosa derrota en Ponteceso a semana pasada e, a falta de tres xornadas para o termino da 1ª Fase da liga, o conxunto xuvenil da SCD Malpica, que aínda mantén a segunda praza con 5 puntos de vantaxe sobre o 4º clasificado, ten a oportunidade este vindeiro sábado, de, practicamente certificar o  pase para a seguinte Fase, pero todo pasa por vencer a CD Baio, equipo, que non se xoga nada pero que loxicamente loitará con deportividade para pórlle as cousas difíciles aos malpicáns.
Así que, os xuvenís da SCD Malpica, teñen a obriga ante os seus seareiros de demostrar que a regularidade de toda a tempada e que lles levou sempre a estar nos primeiros postos, non foi froito da casualidade, senón, do traballo ben organizado de adestrador e futbolistas, por elo hai que olvidarse do último tropezo, que foi mais un accidente, ca unha baixada no seu xogo. A oportunidade de emendalo, téñena este sábado.
O CD Baio, figura no posto 6º da táboa con 21 puntos, gañou 5 partidos, empatou 6 e perdeu 6, marcou 40 goles encaixando 26, é un equipo compacto, pero hoxe por hoxe é inferior aos xuvenís da SCD Malpica, pero iso hai que demostralo no campo este sábado.
Resultado da 1ª volta:
19-10-13: CD BAIO  1–1  SCD MALPICA                   
 (Goles: 0-1: Almeida. 1-1: Santi Díaz).









XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta -  Xornada 17ª:
Campo             :           “Campo do Cereo”                    (Cereo-Coristanco)
Equipos           :           ERBECEDO  -  MALPICA   
Data e hora      :           Domingo: 19-01-14, 11:00 horas
Árbitro :                       Sr. Gerardo.-
Resultado da primeira volta:
MALPICA              5 – 0   ERBECEDO
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!