¡ I N A U D I T O !:
CATRO!!!, catro!!!, son os clubes federados existentes no Concello de
Malpica que compiten nas categorías Autonómicas, por este orde de antigüidade e
de fundación: Buño SCD, (2ª
Autonómica, 10-10-64) SCD Malpica,
(1ª Autonómica, 23-07-71) UD Cerqueda,
(2ª Autonómica, 10-05-80) e SP. Seaia,
(3ª Autonómica, 01-07-13). E, desgraciadamente ningún conta a data de hoxe con
categorías de fútbol base.
L A M E N TA B L E !!!!!!.
Malpica, ademais de Buño e Cerqueda, conta con outras cinco parroquias: Barizo, Mens, Vilanova,
Cambre e Leiloio e varios lugares
pertencentes ás denominadas parroquias, entre ás que se atopan, Seaia, Beo,
Vigo dos Toxos, Casas do Monte, Aviño, Seixas, San Tirso, etc., etc., etc…
Pois ben, entre todo este complexo
de parroquias e lugares que conforman
a contorna de todo o municipio, suman aproximadamente uns 8.000 habitantes, dos
que, aproximadamente un 12 %, son rapazas e rapaces de entre 10 e 19 anos, é
dicir, moi preto de 1.000, e, aínda así, ningún dos equipos malpicáns
federados, son capaces de xuntar equipos de fútbol base.
L A M E N T A B L
E !!!!!!
Á SCD Malpica, dende o seu inicio,
na tempada 1973/74, participou na competición XUVENIL en 42 tempadas, non deixando nunca de competir nesta
categoría, conseguindo sete títulos de
campión ( o último na tempada 2011/12), e nove subcampionatos.
Igualmente, participou dezaseis
tempadas na categoría de CADETES, entre
as tempadas 1996/97 a 2011/12, logrando un subcampionato na tempada 2001/02. En
INFANTÍS, participou durante seis
tempadas, a última na 2003/04. Ten polo tanto un palmarés de competición, aínda
que no é sobresaínte, si é aceptable. O que si é LAMENTABLE!!!, é, que non teña participado nunca en Benxamíns nin en
Alevíns. Como tamén e LAMENTABLE!!!,
que deixe de participar esta tempada ao menos en Xuvenís é Cadetes, e, quen
sabe si no futuro!!!.
O clube Buño SCD, (
fundado 10-10-64) tivo durante varias tempadas equipo de Xuvenís, deixando de facelo na tempada, 2003/04, HAI XA DEZ TEMPADAS. (non dispoño de
datos de competir en Cadetes e Infantís).
L A M E N T A B L E !!!!!
A U.D. Cerqueda, (fundación,
10-05-80), participou entre a tempada 1991/92 a 2008/09, nove tempadas na categoría Xuvenil alternas, e tres tempadas na categoría
Cadete (1998/99/00/01 e 2001/02). Dende a 2008/09, (6 tempadas esta sen
competir na categoría xuvenil, e dende a 2001/02, trece tempadas en categoría
Cadete).
L A M E N T A BL E !!!!!
Pola súa banda, o SP. Seaia CF, de nova creación (Tempada
2013/14) só leva competindo dúas tempadas, formando tan só equipo de
afeccionados (?) por que?.
L A M E N T A B L E !!!!!
Con estes datos a vista, os verdadeiros afeccionados ao fútbol, sobre todo os que non pertencen ao municipio malpicán, penso
que non teñen mais remedio que opinar
negativamente sobre o que sucede co fútbol base en todo Concello; a pouca
importancia que lle dan os dirixentes, tanto
políticos como directivos, os pais e nais das/os rapazas/ces que da a
sensación que os queren ver mais facendo “botellón” ca facendo deporte, e, os
propios rapaces que emigran de todas
as parroquias e lugares da contorna para irse a clubes de Concellos limítrofes
en vez de ser partícipes e representantes dos seus propios clubes vestindo a
súas camisolas e defendendo os escudos das súas parroquias. A inmigración,
escapa das guerras de África cara Europa e as/os rapazas/ces, escapan de Europa
(os clubes do seu pobo) para África (clubes de fora do seu Concello).
L A M E N T A B LE !!!!!
Hai que dicir tamén que en todo
municipio malpicán, predominan os “LOCALÍSMOS”
en vez da “UNIÓN” todos queren ser
líderes, pero tamén poderían selo, formando equipos de fútbol base e lugar
de equipos de afeccionados, CATRO
EQUIPOS DE FÚTBOL AFECCIONADO NUN MUNICIPIO TAN PEQUEÑO!!!! O que se fai deste
xeito e boicotearse uns aos outros.
L A M E
N T A B L E !!!!
A nova directiva da
SCD Malpica, que este ano iniciou a súa andaina no clube, intentou formar
dous equipos de fútbol base, Xuvenís e
Cadetes, contaba para elo coa colaboración da Consellería de Deportes do
Concello malpicán, para sufragar algúns dos gastos que estes dous equipos
ocasionan, e, aínda que a planificación deportiva para levar a cabo a creación
destas categorías non foi a mellor, debido ao pouco tempo coa que se contou, non tivo a resposta necesaria por parte de
nais, pais e rapazas/ces, de todas as parroquias e lugares que forman o
municipio, nin tampouco se contou co apoio real ou moral de colaboración das
directivas dos demais clubes, para poder chegar a acordos entre todos coa intención de que calquera dos clubes recomendara
algunha rapaza ou rapaz da súa parroquia ou lugar, aínda que fora a préstamo,
para polo menos que houbera algunha categoría de base, aínda que logo retornara
ao seu clube xa como afeccionado.
L A M E
N T A B L E !!!!!
Así as cousas, e, a falta de ONCE días para o comezo da competición
Xuvenil e DEZAOITO
a de Cadetes, á SCD Malpica, único
equipo do Concello inscrito na Federación Galega de Fútbol para tomar parte en ambas
ligas e xa co calendario feito, teña que remitir un escrito ao ente federativo,
para dar de BAIXA ambos equipos, o Xuvenil, tras 42 anos de participación
ininterrompida.
L A M E N T A B L E
!!!!!
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!