“XXVII
Edición da “Copa Deputación da Coruña, Dezaseisavos de Final:
Resultado: SP. CIDADE A.C.Y D. 0-0 SCD MALPICA
SP. CIDADE A.C.Y D.: Yago; Abel, Javi, (Fili, 84), Álex Campo,
Borja, © Quiroga, Chile, (Yordi, 73), Pablo de Dios, Djalma, Aarón, Cabanas,
SCD MALPICA: Asier; Dímaga, Carlos
Mallo, Alberto, (Víctor, 4), Eloy, Eloy Vilas, ©, Petís, Eme, Sergio, Martín
Uru, Juny.
Árbitro: Sr. Méndez Bouza.- (1ª Aut.- Ferrol). Estivo francamente ben no seu
cometido. Os malpicáns protestáronlle insistentemente un posible derrubo de
Borja sobre Juny dentro da área no m. 24, pero o colexiado non estimou nada
punible. Igualmente protestaron o gol local estimando fora de xogo de Aarón.
Asistentes: Sres. Bejarano Estepa e Moya Veiga. (1ª e 2ª Aut. Ferrol). Pasaron desapercibidos.
Goleadores: 1-0, m. 86: internada por banda esquerda do extremo Cabanas, centra sobre Pablo de Dios,
que se atopaba libre de marca preto do punto de penalti este tira cruzado e,
cando o “coiro” parecía que ía ir fora, aparece en carreira xunto ao poste esquerdo
de Asier, o escurridizo Aarón que fusila
aporta baleira.
Ambiente e incidencias: Uns 75 seareiros nas
bancadas, predominado amigos e familiares do porteiro malpicán Asier. Tarde
espléndida de sol con 24º de temperatura. Non houbo expulsados. Tivo que
retirarse mancado no m. 4 o defensor malpicán Alberto. No m. 42, o colexiado
sinalou un claro penalti de Eloy Vilas sobre Aarón, cando encaraba a Asier,
lanzado por Cabanas, o porteiro malpicán, realizou unha parada de “felino” atallando o “coiro”
Xogadas perigosas do SP. Cidade AC y D.: M. 1: internada de Aarón por banda dereita con centro sobre Cabanas que este
envía alto. M. 12: nun dos únicos
despistes da defensa malpicán, Aarón. Plántase ante Asier, pero este moi áxil
detén a vaselina do dianteiro. M. 36: saque
de falta botada por Quiroga dende a liña de tres cuartos, rexeita en curto a
defensa e Borja, empalma lambendo o poste. M.
40: internada de Javi polo centro, a defensa recúa e dende o borde da área
lanza un gran tiro que detén Asier. M.
74: un saque de falta dende campo propio executada por Borja ao punto de
penalti, permítelle a Javi quedarse só ante Asier, parando o porteiro en boa
intervención.
Xogadas perigosas da SCD Malpica: Pouco perigo creo a SCD Malpica na 1ª parte, só anotamos un empalme de
Dímaga ao borde da área que sae alto, nunha deixada de cabeza de Víctor,
ademais da xogada xa comentada do posible derrubo a Juny. Xa na 2ª parte n M. 49: Sergio, dispara colocado e sen
moita forza, saíndo o “coiro” a ras do poste. M. 63: a xogada mais perigosa dos malpicáns, estivo nunha falta moi
ben executada por Eme, a escuadra, lucíndose o porteiro Yago e gran estirada.
Comentario: A SCD Malpica, saíu
esta tarde derrotada do campo de Elviña, ante un Sp. Cidade, de moita
envergadura, mais veterano e mais curtido en batallas desta índole. Os
coruñeses levaron mais a iniciativa, e, ata desperdiciaron un penalti.
Non por elo se lle debe restar méritos á actuación dos futbolistas da SCD
Malpica, os cales, con tres baixas moi importantes, Martín Mara, (sanción)
Rubén e Charro, (mancados) e, para colmo de males, o central Alberto, tamén tivo
que deixar o campo mancado no m. 5 de partido.
Así as cousas, cos once xustos, mais un cambio do porteiro Víctor, como
xogador de campo, venderon cara a súa derrota, tendo que o adestrador Chema, plantexar
un sistema de contención con tan só na punta do xuvenil Sergio, e, apunto
estivo de darlle resultado, pois aguantaron, sen descoidar o contraataque ata o
minuto 86, foi unha mágoa, pero no fútbol suceden estas cousas e os partidos
duran ata que o colexiado non pita o final.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
OUTROS RESULTADOS DOS EQUIPOS "COSTEIROS":
CD BAIO 2 - 3 XALLAS CF.-