REUNIÓN EN BAIO PARA PROGRAMAR OS GRUPOS DE COMPETICIÓN DA TEMPADA 2014 / 2015:
Celebrouse na tarde noite deste luns, a habitual reunión de inicio de tempada entre os clubes participantes nas distintas ligas da "costa", e os membros da Federación Galega de Fútbol.
Asistiron por parte da F.G.F., o Vicesecretario e, encargado das competicións, D. Benjamín Amido, o Xefe do departamento de licencias, D. Juan Carlos e o Tesoureiro, D. Manuel Gerpe.
Por parte dos clubes, asistiron 31 representantes dos 37 citados, só faltaron os directivos da SCRD Esteirana, UD Carnota, Volantes de Baño, CD. Nantón, Os Miudos de Muros e As Baleas.
Os temas a debatir foron os seguintes:
1º.- Por medio do encargado de licencias, deuse a coñecer a imprantación na F.G.F. do novo sistema informático para tramitar as licencias, tando de renovación coma de novas altas, na que os clubes poderán realizar dende a súa localidade, sen necesidade de desprazarse á sede da Federación, mediante un sistema moderno a través de INTRANET.
2º.- Por parte do Sr. Vicesecretario, encargado das competicións, déronse a coñecer a composición de todos os grupos e categorías nas que participan os clubes costeiros, así, dende a Preferente Autonómica, (Xallas S.C. e CF Dumbría) 1ª Autonómica Grupo II, ( CD Baio, SCRD Esteirana, Corme CF, SD Sofán, SD Soneira e SCD Malpica), 2ª Autonómica Grupo 3º (Liga da Costa, 18 equipos), 3ª Autonómica Grupo 4º, (9 equipos, pendente da retirada do Laxe SD), 1ª Autonómica Xuvenil, 1ª Autonómica Cadetes e 1ª Autonómica Infantil.
3º.- Por último, o gran debate chegou, cando os representantes da 3ª Autonómica, debatiron en tonos mais ou menos acalorados cos membros federativos a posible integración na 2ª Autonómica (Liga da Costa), coa intención de facer dous grupos. Ao final, e, tras varias explicacións dos federativos, chegouse a conclusión con todos conformes, menos o Laxe SD que ía a expoñerllelo aos socios, en disputar a competición a catro voltas, é dicir, cuádruplo de xornadas para prolongar a liga co fin de que termine a canda ás demais competicións.
Así quedan os grupos, a expensas da confirmación aínda algúns clubes. As datas de comezo das competicións que figuran nos cuadros, son provisionais, posto que, quedan a expensas de que se aproben na asemblea da F.G.F. a celebrar o vindeiro dous de Agosto.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!