Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 16 de diciembre de 2018

"Liga da Costa", resultados e clasificacións X.14ª:


    Á SCD Malpica, esperta da súa sonambulencia e vence con autoridade ao "lider" Corme CF na "Pedra Queimada".
   Os malpicáns, guiados por Gonzalo e o debutante Jairo incomensurables no primeiro tempo, embotellaron ao potente equipo cormelán na súa área, deixando a un Alejo en solitario e sen oportunidades en todo este tempo.
   Na segunda parte coa saída do renqueante Lucas ao campo, o dominio do Corme CF, foi moito mais acusado, pero os defensores da SCD Malpica, non só saíron airosos neste cometido, senón que foron letais nos seus contraataques, nas que luciron as habilidades de Brais Lado e D. Casal.
   Así formou á SCD Malpica: Ángel Lamas; Mante, Brais Cean,(José, 67), Jorge, Juan Fuentes, Jairo, Andy, Aitor, Brais Lado, (Massar, 85), Gonzalo, (Marcos, 81), Dani Casal.

   Goleadores: 1-0, m. 44: Dani Casal, de falta directa. 2-10, m. 77: Brais Lado, en xogada individual, tras un contraataque. 3-0, m. 94: Dani Casal, ao resolver un barullo dentro da área.

   VETERANOS: Terceira victoria consecutiva dos veteranos da A.V. do Malpica, desta vez ante un gran rival, á SD Sofán, os malpicáns, souberon sobreporse ás inclimencias do tempo, derrochando un aporte físico encomiable con remontada incluída.

   Goleadores:  0-1, m. 5: Antonio Muiño. 1-1, m. 66: Mútiu. 2-1, m. 79: Abel.

Resultados e clasificacións da xornada: 




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!