Agónica vitoria da SCD Malpica na "Pedra Queimada" ante o Sp. Zas, (1-0).


Pola súa banda os sorprendidos locais, despois destes primeiros minutos espertaron, e comezaron tamén a acosar a portería visitante, con balóns de Aitor buscando as bandas na que os centros se repetían pero o gol non chegaba; houbo no min. 78 un remate ao poste por parte local, e, por fin no minuto 90, unha xogada individual de Jairo no vértice da área, váise de dous rivais e o seu centro pasado ao segundo pau, permítille a Mante introducir o "coiro" na portería, ante o delirio de futbolistas e afección malpicán.

Goleadores: 1-0, m. 90: xogada individual de Jairo dentro da área qué, tras zafarse de dous contrarios centra ao segundo pau, alí chega Mante lanzado e remata a gol.
Ambiente e incidencias: Tan só unhas 75 persoas nas bancadas, nunha tarde sen chúvia e con sol, 12º de temperatura. O malpicán Marcos Núñez, recibiu tarxeta amarela xunto con dous futbolistas e adestrador visitantes.
Resultados e clasificacións da xornada:
Publícanse a continuación os resultados e clasificación da 1ª Galicia de xuvenís disputados na tarde de hoxe, correspondentes á 12ª xornada na que non participou á SCD Malpica por corresponderlle descanso, trala retirada do SD San Lourenzo: