Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 7 de marzo de 2020

Resultados e clasificacións da "Costa:

LIGA DA COSTA-AFECCIONADOS:

   Raquítico empate da SCD Malpica ante o CD Baiñas no municipal de Vimianzo; o conxunto malpicán cos mesmos vícios dos últimos partidos, retención do "coiro" individualmente en defensa e medio campo e á falta de remate na dianteira, polos escasos balóns que lles chegan en condicións, fan que continúe nunha zona de perigo polos posibles arrastres.
    Esta tarde ante un equipo candidato ao descenso e con moi escaso fútbol nas pernas dos seus futbolistas, (só xogaron ao patadón) á SCD Malpica, só tirou con perigo tres veces a porta, unha de Alb. Hombre, ao longueiro na primeira parte e dúas na segunda unha obra tamén de Alb. Hombre e outra de Aitor, que o porteiro local abortou con seguridade.
   O CD Baiñas, tivo dúas na primeira parte, pero foron mais por erros defensivos garrafales ca por acertos propios, nas dúas tiraron fora da portería, cando o mais fácil era marcar.
   Aliñación dos malpicáns:  Damián; Dimitri, (Migueliño, 46), Ceide, J. Fuentes, Belar; Laik, (Xaco, 66), Alb. Esmoris, Mante, Alb. Hombre, (Kevin, 79), Aitor, (Brais Ceán, 89), Adrián.
   Non houbo goles. (0-0).

   Incidencias: 70 seareiros nas bancadas.Tivo que saír mancado Aitor, m. 89,  
   Tarxetas: Laik e Belar.
   
   Aviso aos socios, afeccionados e simpatizantes da SCD Malpica por parte deste sinxelo comentarista, que, despois de 46 tempadas como historiador e seguidor, onde viu de todo no conxunto malpicán, vitorias, derrotas, malas arbitraxes, títulos etc. atrévese a facer unha pregunta sen ánimo de ofender a ninguén, só coa intención de que o equipo mellore:
   CREEDES QUE É PRODUCTIVO NESTES INTRES PARA O CLUBE, NUNHA SITUACIÓN DELICADA NA CLASIFICACIÓN E CON 24 FUTBOLISTAS CON FICHA NA PLANTILLA, QUE O ADESTRADOR ADRIÁN BARDANCA, TROQUE O CHANDAL DO BANQUILLO POLA VESTIMENTA DE FUTBOLISTA?
Resultados e clasificacións da xornada 25ª:
  

VETERANOS SCD MALPICA:

   Á SCD Malpica de Veteranos, derrotou a domicilio por goleada (2-4), ao colista da categoría SD Fisterra, cumpríndose deste xeito o pronostico da diferencia entre ambos na táboa clasificatoria.
   Os veteranos malpicáns, que desperdiciaron un penalti (Palermo) nada mais comezar o encontro, recuperáronse deste percance e acabaron arroiando as fisterráns.
  Xogaron polos malpicáns: Chaves; Nando Couto, Alb. Barizo, Alb. Seaia, Luís Naya; Alb. Carballo, Leo, Arcay, Palermo, Nacho, Richard.
  Tamén xogaron: Washi, Abel, Fdo. Couto.
  Goleadores: 0-1, m. 27: Luís Naya. 0-2, m. 36: Richard. 1-2, m. Alejandro. 1-3, m. 45: Nacho. 1-4, m. 57: Richard. 2-4, m. 81: Daniel.   
Resultados e clasificacións da xornada: 


1ª XUVENIL GRUPO 2º:

   23ª Xornada da liga da "costa" xuvenil na que continúa mandando a clasificación o Outes CF, a continuación moi preto del, figuran, Cabana SD e SD Soneira, a tan só un e dous puntos.
   Así as cousas, só tres equipos aspiran ao título, por que mais lonxano aparece á CSD Sofán, con sete puntos de diferencia.
Resultados e clasificación da xornada 23ª: 



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!