Continuando coa información relativa ao que foi e, o que agora pretenden que sexa a "Copa da Costa", publicamos un artigo sobre o sorteo dela, o pasado sábado no Castelo de Vimianzo. do que non se informou aos clubes participantes:
=O QUE NON SE LLE INFORMOU
AOS REPRESENTANTES DOS CLUBES NO SORTEO DA “LVI EDICIÓN DA COPA DA COSTA”=
No excelente, emotivo e ben preparado acto do sorteo da
“LVI EDICIÓN DA COPA DA COSTA”, celebrado na Praza de Armas do Castelo de
Vimianzo o pasado sábado día 23-02-19, no que se viviu unhas das xornadas mais
históricas celebradas até o momento (tras 55 edicións), todo elo moi ben
deseñadas e protagonizadas pola RFGF, que preside o Sr. D. Rafael Louzán, e, na
que tomaron parte, ademais dos directivos dos trinta e seis equipos
participantes, algúns actores da “lenda viva” da Liga e Copa da Costa
convidados para o evento e homenaxeados pola RFGF, tales coma: D. Manuel
Oliveira, “Manolín” ou D. José López Marcote, “Manín” grandes futbolistas e
posteriormente adestradores; xornalistas coma D. José Manuel Ferreiro, “Voz de
Galicia-Carballo”, D. Francisco Hermida, “Fran Hermida”, “Cadea Ser”, “Josiño”
de “Radio Nordés” (presentador do acto) e D. Ubaldo Cerqueiro, coo fundador da
Web “Que pasa na Costa”, embaixadora e informativa diaria do deporte da
“costa”. Tamén estaba convidado, pero non puido achegarse até Vimianzo por
asuntos profesionais D. Xosé Búa, da excelente Web “Piratas de Muxía”,
extraordinaria laboura informativa de todo deporte “costeiro”.
Todo este evento que resultou plenamente chamativo, (Case
parecido a un da Chámpions) pareceulle enormemente extraordinario ao autor
deste artigo, que tamén foi convidado polo Delegado da Coruña, D. Pablo Prieto,
pero desgraciadamente por asuntos familiares non puido acudir. Pero… coñecedor
da historia do fútbol da “costa” dende os seus inicios (A/63/64), e, analizando
a fondo todo o sucedido na “Praza de Armas” do Castelo de Vimianzo, vese na
obriga de facer unha profunda reflexión, e, sen animo de ofender nin ferir
sensibilidades sobre todo aos organizadores, realiza as preguntas seguintes:
Primeira: Sabían ou informóuselle aos representantes dos clubes
participantes presentes, ás datas e horas dos partidos?
Segunda:
Comunicóuselle aos presentes, para
que é o importe de recadación da taquilla, rifas e cantina, ao ser a
eliminatoria a partido único?
Terceira:
Hai algún beneficio económico para
transporte do equipo visitante, si na eliminatoria se enfrontan dous equipos e
igual categoría ou un dos equipos é da 2ª e outro é da 3ª?
Cuarta:
Informóuselle aos clubes da 2ª e 3ª
Galicia, que os dous conxuntos da Preferente Galicia, (CSD Sofán e Xallas CF) e
os cinco da Primeira Galicia, (SD Fisterra, CD Baio, CF Dumbría, SD Soneira e SCRD
Esteirana) acaban ás súas ligas o 26 e 19-05-19, respectivamente e ás datas
propostas pola RFGF, son ás do 03-03-19 (Previa) e a partires do 12-05-19, os
dezaseisavos, e dicir, que os clubes de 2ª e 3ª Galicia, que teñan
enfrontamentos cos anteriores mencionados, terán que celebrar ás eliminatorias
entre semana, coa conseguinte perda económica?
Quinta:
Comunicóuselle quen corre cos
gastos arbitrais?
Por outra banda, e abundando na reflexión, non pode
evitar o autor destas liñas unha “leve” crítica aos organizadores encargados de
seleccionar aos convidados, o que, sen desmerecer a ningún dos que acudiron ao
sorteo, houberan obviado a outros persoeiros relacionados coa historia do
fútbol da “costa”, como foron os futbolistas: Pepe da Ferralla (CF Porteño),
Xelucho Abella, (Buño SCD-SCD Malpica) e Camuel, (Camariñas FC) ou adestrador
Quique Liñares, (Finado) ambos das décadas dos 60 e 70. Ou aos xornalistas a
título póstumo “Del Valle” (Riazor-Voz de Galicia), D. José Ml. Segura, (Ideal
Gallego), Gregorio Castro, (Da imprenta San Ramón-Voz Galicia-Carballo), D.
Emilio Amado (Ideal Gallego), este último sen vehículo propio viaxando domingo
tras domingo sempre en coche de liña a todos os campos da “costa”, todos eles
tamén das décadas dos anos 60,70 e 80. Ou os “eternos” directivos D. Vicente
Carril (Camariñas FC) e o Sr. Suso da Torriña (Corme CF), sempre ao fronte dos
seus clubes dende a súa fundación, T. 1977/78 e 1980/81, respectivamente.
Igualmente, tamén debeu ser recordado pola súa laboura didáctica e
historiadora, D. Xosé Mª Lema, autor do primeiro libro da historia do CD Baio
no 1989, recentemente faría o segundo tamén do mesmo clube.
Compréndese que nun evento desta envergadura, queden
moitos “flocos” pendentes, pero para iso están os libros para estudalos e
recoller o mais interesante dos cincuenta e seis anos do fútbol da Liga e Copa
da Costa, competición que nos encheu do orgullo e paixón durante tantos anos e
que por distintos motivos tivo épocas moi mellores cas actuais.
26-02-19
(Este
é un artigo escrito a iniciativa propia por Luís E. Porto)
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!