Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 14 de noviembre de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   De complicada se presenta á vindeira xornada para á SCD Malpica, pois viaxará a veciña localidade de Corme a enfrontarse ao titular, un partido dificil que non chega no momento apropiado tralo resultado negativo da pasada xornada fronte ao CD Baiñas, que frenou de golpe as ilusións dos malpicáns de avanzar aos postos altos da táboa clasificatoria.
   O Corme CF, que ocupa na actualidade o 2º posto con 24 puntos, esta afacer unha tempada para enmarcar, pois, é o único clube que marcha imbatido despois de 10 xornadas, pero hai mais, leva a frioleira cifra de 34 goles marcados, a un promedio de 3,4 goles por partido. O conxunto cormelán, foi fundado na tempada 1981/82, e leva conseguido tres ligas e unha copa da costa.
   A todo o anterior, tenlle que competir á SCD Malpica, conxunto que leva unha competición irregular, pois, a formidables resultados lonxe da "Pedra Queimada" (tres vitorias e un empate), destaca a súa racha negativa en campo propio (só unha vitoria, un empate e tres derrotas). Os malpicáns que adestra "Gurita", recuperan para este partido, aos sancionados: Aitor, J. Fuentes e Kevin, pero teñen a dúbida do dianteiro goleador Michi Castro, retirado mancado a semana pasada.

   Se a marcha do equipo afeccionado é irregular, mais negativa esta sendo a dos xuvenís, pois, unhas veces por sancións outras por lesión e outras por enfermidade, os rapaces do equipo malpicán non acaban de arrincar, esperamos que, para o vindeiro domingo se lle poida gañar a UC Cee, que tampouco anda moi regular esta tempada.

   En canto aos veteranos, a súa racha positiva que levaban, foi cortada a xornada pasada polo Corme CF, este domingo enfrontanse ao Xornes FC, pero alteran a orde de campos a petición do equipo rival.

Así pois, publícanse os campos horarios e árbitros da vindeira xornada: 


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 11ª :

Campo             :           “O Cairo”                      (Corme, 91 x 52, herba artificial)                      
Equipos           :           CORME CF    SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 17-11-19, 16:15 horas   
Árbitro             :          Sr. Óscar Santos Rodríguez, (2ª Galicia, Colexio Costa da Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 9ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)       
Equipos           :           SCD MALPICA –  U.C CEE
Data e hora     :           Sábado: 16-11-19,  16:15 horas         
Árbitro             :           Sr. Daniel Martínez Ferreiro, (2ª Galicia, Colexio C. Morte)
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 8ª :

Campo             :           “Pedra Queimada”                    (Buño, 100 x 60, herba natural)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA    XORNES FC (Troco do orde de campos a petición do Xornes)
Datas e hora    :           Domingo: 17-11-19, 10:30 horas.-
Árbitro             :           Sr. Iván Ferreiro Santos, (2ª Galicia, Colexio C. da Morte.)
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!