Tras tres partidos consecutivos sen perder disputados en tan só 7 días, (Buño, Muxía e Cabana) dispónse á SCD Malpica retornar ao se campo de "Pedra Queimada" para enfrontarse ao CD Baiñas, conxunto este, que se atopa clasificado no posto 12º con 10 puntos. O CD Baiñas foi fundado na T. 2012 / 2013, e ten un título de liga da 3ª Autonómica (hoxe 3ª Galicia), conseguido na T. 2013 / 2014.
Os malpicáns que adestra Adrián Bardanca (Gurita), esperan continuar coa racha positiva de resultados e, aínda que van contar con ao menos tres baixas por sanción federativa, esperan conseguir os tres puntos que os catapulte aos postos altos da táboa.
Os xuvenís, que están a ter unha competición moi irregular, van a intentar ganarlle ao Xallas CF, equipo que sempre destaca no fútbol base pola súa regularidade.
Os Veteranos da SCD Malpica, enfróntanse nesta vindeira xornada, ao Corme CF, tamén na "Pedra Queimada"
A continuación publícanse, campos, horarios e árbitros da xornada:
2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 10ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD MALPICA – CD BAIÑAS
Data e
hora : Domingo: 10-11-19, 16:30 horas
Árbitro : Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio
Coruña)
- - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 8ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD
MALPICA – XALLAS CF
Data e
hora : Sábado:
09-11-19, 16:15 horas
Árbitro : Sr. Esteban Domínguez Lado, (2ª Galicia, Colexio C.M.)
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 7ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba natural)
Equipos : VETERANOS
SCD MALPICA – CORME CF
Datas e
hora : Domingo:
10-11-19, 10:00 horas.-
Árbitro : Sr. David Cancela García, (2ª Galicia, Colexio C. da
Morte.)
- - - - - - - - - - - - - -
ASÍ MARCHAN AS CLASIFICACIÓNS DOS GOLEADORES DOS EQUIPOS DA SCD MALPICA: