


Recibiron tarxetas amarelas pola SCD Malpica: Aitor, (por protestar). Pace, (xogo perigoso). Andy, (protestar). Laik, (xogo perigoso). Belar, (xogo perigoso). Alberto H., (protestar).
Nota: Deben ter precaución os futbolistas malpicáns, xa que esta tempada a RFGF, cobra a dous euros cada amoestación. E xa se levan gastados mais de 150 euros en once xornadas.
VETERANOS:
Victoria dos Veteranos da SCD Malpica fronte ao Xornes FC, en partido disputado na "Pedra Queimada" a petición do conxunto rival, por non dispoñer estes de campo propio, (1-0).
O gol foi conseguido en propia porta polo visitante Bruno Pose.
Formación malpicán: Suso; Alberto Seaia, Nando Couto, Alberto Carballo, Javi Bermejo, Mutio, Leo, Arcay, Richard, Nacho, Alberto Barizo.
Tamén Xogaron: Chaves, Palermo, Abel, Fdo. Couto, Dourado.
Á SCD Malpica xuvenil volve a caer derrotado na "Pedra Queimada" desta vez ante o U.C Cee (0-3).
Os malpicáns, que realizaron unha primeira parte moi ben xogada (0-0 descanso), acabaron sucumbindo nos último dez minutos, debido ao cansancio acumulado, e, sobre todo a falta de fondo físico.
Aliñación: Iker; David Abelenda, Álex, Bello, Souto; Amarelle, Iván Vidal, (Eric, m. 65), Ramos, Costi, Orgueira, Renzo.
Goleadores: 0-1, m. 78: Nicolás Toba. 0-2, m. 83: Álex Castro. 0-3, m. 90+2: Iago Muiño.
Resultados e clasificacións da xornada 9ª:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!