Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 13 de septiembre de 2015

Crónica do Outes-Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 2ª Xornada:
Resultado:                   OUTES CF   2 – 0   SCD MALPICA
OUTES CF:          Rizos; Borja, Jura, Pose, (Samuel, 25), Dani Corniños, David Sampedro, (Jorge, 60), Chía, Martín Caamaño, Mario, Piki, © (Babu, 86), Veleiro, (Elías Ruso, 46).
SCD MALPICA:  Asier; Dímaga, (Petís, 46), Javi Trigo, (Casais, 15), Rubén, Martín Uru, Eloy Vilas, Eme, (Víctor, 87), Adrián Rey, (Vitalie, 54), Martín Mara, Charro, Juny, (Sergio, 77).                        
Árbitro:                 Sr. Piñeiro Lugo.-(1ª Aut.-Santiago). Estivo desconcertado en todo o partido e bastante descoordinado cos seus asistentes.
Asistentes:       Sres. Silva Mella e Ramos Trigo.-( 2º Aut..-Santiago). Descentrados.
Goleadores:     1-0, m. 2: saída en tromba do equipo local forzando un saque de curruncho que bota Veleiro, rexeite moi forzado de Eloy Vilas, cara a media lúa, onde se atopa Piki, que empalma un tiro raso esquinado que bate a un Asier, tapado por unha nube de futbolistas, logo de desviar o “coiro” que da no poste esquerdo e entra. 2-0, m.85: tras unha falta inexistente a tres metros da frontal da área  escorado a dereita de Asier, Piki, bate ao porteiro malpicán dun tiro raso nunha mal colocada barreira. 
Ambiente e incidencias:          Gran entrada no “Conchido”, con preto de 300 seareiros. Tarde que comezou cunha lixeira chuvia e acabou con tempo seco aínda que nubrado. 16º de temperatura. Abandonaron o campo mancados, os malpicáns Javi Trigo (15)   e Dímaga (45). Expulsado con dobre amarela, Casais.
Xogadas de perigo da Outes CF:         M. 13: xogada de Veleiro, pola esquerda culminado cun tiro que detén Asier .con apuros. M. 24: tiro de David Sampedro, dende a media lúa lambendo o traveseiro, tras xogada individual. M. 45: David Sampedro, empalma a media volta diante de Asier, atallando este en desesperada saída. M. 89: Asier, saca de portería dende un vértice da área, o “coiro” cáelle aos pes de Jorge, no círculo central, ao ver a porteiro descolocado, non o dúbida e tira sobre a portería valeira, enviando o “coiro” ao traveseiro e saíndo fora. M. 90+2:     saque de curruncho executado por Mario, rexeita en curto a defensa e, Elías Ruso, empalma un tirazo dende dentro da área ao que responde Asier cunha enorme parada.
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 17: Charro envía en profundidade sobre Adrián Rey, o cal só ante Rizos, e derrubado polo defensor Pose, o colexiado non pita nada a pesar de estar enriba da xogada, chegando o “coiro” mansamente as mans do porteiro. M. 19: gran xogada de Charro, pola banda esquerda, tras unha serie de caneos entra na área, sendo derrubado polo seu marcador Pose, desta vez o árbitro non ten mais remedio que sinalar penalti, o cal executado polo propio Charro, envíao moi desviado a esquerda de Rizos. M. 57: falta directa na liña de tres cuartos, lanza Eme, moi colocado, respondendo Rizos cunha gran parada.
Comentario:     Unha serie de contratempos negativos, cos que hai que contar, (outras veces soen ser positivos). (Lesión de Javi Trigo nada mais comezar, logo a de Dímaga, erro no penalti, expulsión de Casais), foron moitos elementos para que a SCD Malpica saíra derrotada do “Conchido”. Tamén e certo que o equipo malpicán estivo bastante romo en ataque, pero os do Outes CF, que estiveron toda a segunda parte mais pendentes de defender que de atacar, atopáronse con dous goles a balón parado, o segundo a cinco minutos do final que lle dou alas, desmoralizando aos malpicáns que estaban buscando o empate.

      
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA