Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 18 de septiembre de 2015

Axenda de partidos da SCD Malpica para a fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 3ª:
Campo             :           “Pedra Queimada””        (100 x 60, Malpica)                  
Equipos           :           SCD MALPICA    SD PILOÑO
Data e hora      :           Domingo: 20-09-15, 17:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Represas Rodríguez.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Pérez Prol e Seoane Sánchez.- (2ª Aut.-A Coruña).
            Perigoso e combativo rival á SD Piloño que rende visita ao campo malpicán o vindeiro domingo, os apertados resultados colleitados nos enfrontamentos celebrados ata de agora así o demostran, tal como se indica ao final deste curto comentario previo ao partido.
            Ademais, a SCD Malpica, ve mermado o seu potencial ao non poder contar con Casais por sanción sendo dúbida ata o último momento os defensas, Dímaga e Javi Trigo, mancados en Outes.            
            Así as cousas, o partido preséntase moi igualado, pero os afeccionados confían plenamente que o conxunto da SCD Malpica, saque a relucir a súa “casta” combativa que ven demostrando nestas dúas xornadas celebradas e consiga facerse cos tres puntos, para elo os futbolistas que adestra “Chema Rivadulla” deben estar moi concentrados, especialmente no remate, incluído nos lanzamentos de penalti se os houbera.
Marcadores e goles da tempada 2014/15:
14-09-14: SD PILOÑO     1-1   SCD MALPICA            (Goles: 1-0, m. 66: Zequi. 1-1, m. 90+3: M. Mara).
18-01-15:  SCD MALPICA  1-0  SD PILOÑO           (Goles: 1-0, m. 35: Cheo).



XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 1ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, Malpica)
Equipos           :           MALPICA  -  PONIENTE 
Datas e horas   :           Domingo: 20-09-15­, 11:00 horas
Árbitro             :           Sr. Casti.
            Este vindeiro domingo comeza unha nova tempada da liga de veteranos nas dúas divisións.
Na segunda, permanecen os veteranos do Malpica, que inician este campionato moi renovados, producíndose varias caras novas con respecto a tempada pasada. As aspiracións dos malpicáns, son as de loitar polo ascenso xa que o adestrador, presidente e todo “terreo” José Manuel Dourado, “alma máter” deste equipo, conseguiu reunir un bo número de futbolistas, sobre todo varios procedentes do extinguido equipo Xuventude de Bergantiños, os cales unidos aos veteranísimos: Chucho, Abel, etc. intentarán loitar por un dos dous primeiros postos de ascenso.
A continuación, indicase a relación da plantilla prevista para esta tempada que comeza, que aínda non esta completa e non se descartan mais incorporacións:
                                                            AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!