IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 4ª Xornada:
Resultado: LESENDE
CF 1 – 2 SCD MALPICA
LESENDE CF: Pedro; Carlos, Toni, Kubala,
Teo, Beto, (Liñares, 79), Brais, (Berbe, 61), Fran, © Adrián, (Cacho, 51), Borja,
César, (Óliver, 51).
SCD MALPICA: Asier; Casais, Rubén, (Carlos
Mallo,79), Kike, Eme, Eloi Vilas, © Martín Uru, Adrián Rei, (Sergio,86), Martín
Mara, Charro. Almeida, (Víctor, 90+3).
Asistentes: Sres. Romero Núñez e Castro Carbia.-(2ª Aut. e F. Base.- Boiro.-). Regulares.
Goleadores: 1-0, m. 3: tras un ataque dos malpicáns, os defensores locais rexeitan un “coiro” en
longo, chegando as inmediacións do extremo esquerdo César o cal colle a defensa
adiantada e encara a Asier, o seu perigoso tiro cruzado, rexéitao o porteiro cara
a media lúa, alí o dianteiro centro Adrián, empalma un tiro a media altura ao que
Asier non chega por moi pouco. 1-1, m. 62: Eme, efectúa un
lanzamento de falta dende a liña de medios, bombeando sobre o punto de penalti,
saltan ao “coiro” o capitán Fran xunto con Almeida, caendo este derrubado, o árbitro
sinala penalti, o cal lanza Charro, a
dereita de Pedro. 1-2, m. 90+1: extraordinaria
xogada combinada dos malpicáns iniciada en defensa por Carlos Mallo, M. Uru,
Eme, Charro, este intérnase ata a liña de fondo, centra atrás e, Eme
que viña lanzado remate raso a ras do poste esquerdo de Pedro.
Ambiente e incidencias: Tarde soleada con 25º de temperatura. 40 seareiros nas bancadas.Saíu mancado
o visitante Rubén (m.79). Expulsado con dobre amarela o local Kubala.
Pola súa banda o equipo
malpicán, que saíu bastante durmido na primeira parte, na segunda, dou un
recital de “xogo bonito” e, a pesar de descoidar algo a defensa, o seu fútbol
dou o resultado apetecido, remontando un madrugador gol local.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 2ª Xornada:
Resultado: LEILOIO 2 –2 MALPICA
Aliñación do Malpica: Chaves, Luazas, Alfredo, A. Carballo, A. Coruña; L. Naya, Mútiu, Marcelino, J.L. Arcay; Ban Ban, Leo. Tamén xogaron: Chucho,
A. Barizo. Bugallo, Washington.
Árbitro: Sr. Gerardo. Aínda que algo protestado por ambos contendentes estivo discreto na súa labor, con unha salvedade,
prolongou o partido nambos tempos, pretos de dez minutos. (?).
Goleadores: 0-1, m. 45+2: Mútiu, de saque de curruncho
directo. 1-1, m. 45+3: falta
bombeada dende 40 metros, rexeita en curto Chaves, e o local Marco empurra á rede. 2-1, m. 78: Outra falta bombeada dende lonxe botada por Víctor, que o porteiro malpicán Chaves, non acerta
a rexeitar. 2-2, m. 90+3: saque de
curruncho efectuado por Mútiu, e impecable remate de cabeza de Alfredo.
Incidencias: Mañá soleada na “Feira Nova”, que obrigaron aos compoñentes de ambos
equipos a baleirar os pozos de auga das cercanías. Non houbo mancados nin
expulsados.
Comentario:
Partido moi competido con algo de maior dominio dos malpicáns que
perdoaron varias ocasións de gol por falta de acerto no remate. Ao final,
reparto de puntos que deixa mais contentos aos locais tralo acontecido no
campo.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!