IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta
- Xornada 1ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, Malpica)
Equipos : SCD MALPICA – SD CARCACÍA
Data e
hora : Domingo: 06-09-15, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. Fuentes Seoane.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes : Sres. Boedo Varela e Pérez Álvarez.- (2ª Aut.-A Coruña).
Ábrese o telón da tempada 2015/16, e
ábrese, coa disputa no campo malpicán da 1ª xornada, no que se recibe a un
debutante na categoría, á SD Carcacía, clube pertencente a unha parroquia do
concello de Padrón.
Carcacía,
parroquia de tan só uns 800 habitantes, dos cales 445 son mulleres e 355 homes,
ascendeu esta tempada, ao quedar 1º clasificado do seu grupo con 79 puntos. Conta cun campo chamado “Mirarríos” e será un rival moi difícil de
bater.
Por
parte da SCD Malpica, que se presenta esta tempada cunha plantilla totalmente
renovada (tan só quedan da tempada anterior: Ángel, Petís, Martín Mara e os
xuvenís, Sergio e Jorge), destacando á aposta da nova xunta directiva pola
maioría de futbolistas da localidade que
retornan doutros equipos onde estaban espallados, especialmente do SP. Seaia e do Buño SCD.
Así as cousas, é unha incógnita o rendemento do equipo,
pois a maioría nunca competiu na 1ª Autonómica
aínda que si, teñen moita experiencia na segunda
categoría e son moi combativos, ademais están desexosos de compracer aos seus seguidores e estes, esperan
tamén que non lles defrauden en que consigan comezar a liga cunha vitoria e
amarrar os tres puntos.
PLANTILLA ACTUAL DA SCD MALPICA AO INICIO DA
LIGA:
Porteiros: Asier, Víctor,
Ángel.
Defensas: Casais, Rubén, Carlos
Mallo, Alberto, Dímaga, Javi Trigo, Jorge, (xuvenil)
Medios : Martín Uru, Eloy Vilas, Eme, Adra,
Dianteiros: Juny,
Charro, Martín Mara, Adrián Trigo, Petís, Almeida, Sergio, (xuvenil).Sergio, (xuvenil), gran promesa goleadora da SCD Malpica.-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!