Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 6 de septiembre de 2015

Crónica do partido da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 1ª Xornada:
Resultado:       SCD MALPICA   1 – 0   SD CARCACÍA
SCD MALPICA:  Asier; Dímaga, Javi Trigo, Rubén, Martín Uru, Eloy Vilas, Eme, Adrián Rey, (Casais, 59), Martín Mara, Charro, (Carlos Mallo, 90+5), Juny, (Vitalie, 46), (Petís, 85).         
SD CARCACÍA: Hipólito; Grela, Toño, Barreiro, Pablo Tourís, Juan, (Guille, 80), Alberto, Teiga, (Esperón, 67), Iván, Pablo Lorenzo, Jorge, (Carlos, 61).     
Árbitro:                 Sr. Fuentes Seoane.-(1ª Aut.-A Coruña). Boa actuación, nun partido con moita tensión, prolongou 7 min. o partido.
Asistentes:       Sres. Boedo Varela e Pérez Álvarez.-(3ª e 2ª Aut..-A Coruña). Correctos.
Goleadores:     1-0, 15”, nada mais sacar de centro hai un balón bombeado sobre a media lúa da área visitante, pugnan de cabeza Pablo Tourís e M. Mara, este toca suavemente o “coiro” cara a onde se atopa CHARRO, o cal sen deixalo caer, empalma un zurdazo cruzado que bate a Hipólito a pesar da súa estirada.
Ambiente e incidencias:          Uns 140 seareiros nas bancadas, en tarde soleada con lixeiro vento do N.E. e 23º de temperatura. Gardouse un min. de silencio polo tráxico accidente do Rali de Carral. Debutaron nas ringleiras da SCD Malpica, Asier, Javi Trigo, Adrián Rey e o futbolista de nacionalidade Moldava, Vitalie. Non houbo mancados de consideración nin expulsados.                
Xogadas de perigo da SCD Malpica: M. 4: internada de Charro, por banda esquerda, o cal sen ángulo de tiro, opta por tirar en vez de centrar, salvando o porteiro cos pes. M. 12: xogada individual de M. Mara, con tiro colocado dende a media lúa que salva en gran parada Hipólito. M. 13: tiro a boca do xerro de Adrián Rey, rexeitando Hipólito nun alarde de reflexos. M. 54: A mais clara e única ocasión malpicán na segunda parte en falta executada por Eme, que Hipólito envía a saque de curruncho
Xogadas de perigo da SD Carcacía:    M. 22: gran xogada por banda esquerda de Jorge, cun centro ao 2º pau que remata de cabeza Iván, rexeita con apuros Asier, recolle Alberto a boca do xerro e volve a rexeitar o porteiro malpicán nunha gran parada. M. 28: Jorge, desmarcado acerta cun zurdazo ao borde da área que sae lambendo o poste dereito de Asier. M. 46: oportuno cruce do defensor local Rubén, evitando o remate a pracer de Alberto. M. 65: saque de curruncho de Juan, con testarazo de Pablo Tourís, alto por moi pouco. M. 81: novo saque de curruncho, desta vez botado por Pablo Lorenzo, e de novo  o central Pablo Tourís, remata de cabeza só ante Asier, este milagrosamente logra atallar o “coiro”. M. 90+4: falta bombeada sobre á área local, a defensa local queda parada e, Alberto, remata cruzado ante Asier, enviando o “coiro” a ras do poste esquerdo.
Comentario:     Un gol de Charro aos 15 segundos do partido, provocou unha sufrida vitoria da SCD Malpica, ante unha SCD Carcacía, debutante na categoría.
            Os malpicáns que puideron resolver nos primeiros 25 minutos, víronse dominados na segunda parte ante un correoso equipo visitante que vendeu moi cara a súa derrota, os seus erros en ataque e, a voa actuación do porteiro local Asier, evitaron un resultado negativo do conxunto local.




 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!