AO FINAL HOUBO "FUMATA BRANCA" E, Á SCD MALPICA XA CONTA DENDE ESTA MAÑÁ CON NOVO PRESIDENTE E NOVA XUNTA DIRECTIVA:
DON JESÚS VILA VARELA, é dende esta maña novo Presidente do clube SCD Malpica, trala segunda reunión seral ordinaria celebrada nas oficinas do clube na "Pedra Queimada" esta mañá ás once horas.
O até agora Presidente, D. Manuel Suárez Cotelo, o cal acabou catro anos de mandato e cesou por iniciativa propia, entregou o "bastón de mando" ao Sr. Vila, quen a súa vez, era Vicepresidente co cesado Presidente.
O Sr. Vila Varela, agora xubilado e antes profesional da construción e edificación, xa tivo a presidencia da SCD Malpica, nas tempadas: 1990/91 até 1991/92, 1993/94 até 1994/95, 2003/04 até 2005/06, en total sete tempadas.
É polo tanto, un veterano en saber levar ao "barco a vo porto". Comezará maña mesmo (luns) a reunir e nomear a listaxe dos demais compoñentes da xunta directiva, na que xa ten varios candidatos en carteira, pero non quere citar a ningún até que teña definitivamente a lista completa.
Logo de reunir a todos compñentes da directiva, segundo se me informa, designará cargo a cada un deles para que cada cal se adapte a traballar na faceta designada; tamén e, segundo puido saber este informador, comezará a tomar contacto co adestrador qué, ao parecer, vai ser o da tempada pasada, Sr. Adrián Bardanca "Gurita" o cal comezará tamén a tomar contacto cos mebros da plantilla de futbolistas para súa renovación, pois casi todos queren continuar no clube. Tampouco se descarta á posibilida de impulsar de novo o fútbol base con categorías, xuvenil, cadetes e infantil. Polo menos esas son ás primeiras ideas do novo Presidente na toma de posesión do mando, aínda que, debido ao avanzado das datas, e moi dificil xuntar rapaces, pero intentar vaise intentar.
Seguiremos informando...
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!