Rende visita a SCD Malpica nesta 22ª xornada de tempada, ao campo de Lombáns en Carnota, onde disputa o Lira CF, os seus partidos.
Os malpicáns logo de dúas xornadas sen puntuar, esperan que a terceira vaia a vencida e regresen cos tres puntos no seu casilleiro, falta lles fai, para achegarse matematicamente a postos de fora de perigo. Nesta xornada os de "Repi" non poden contar con Gonzalo, por sanción, pero xa poderá facelo Manteca, cumprido xa a súa sanción.
Os Cadetes de "Esmoris" reciben na "Pedra Queimada" ao "colista" Camariñas, na que poderán resarcirse das últimas derrotas, esperemos que os Luisito, Hugo, Raúl e compañía, saiban estar a altura e logren os tres puntos.
Os Veteranos tras dúas derrotas consecutivas na casa, desprázanse a Laracha, sendo o Poniente o seu contrincante, haber si tamén poden relaizar o dito que, a terceira vai a vencida.
2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 22ª:
Campo : “Lombáns” (Carnota,
98 x 57,70, herba artificial)
Equipos : LIRA CF – SCD
MALPICA
Data e
hora : Domingo: 25-02-18, 16:30 horas.-
Árbitro : Sr. David Vázquez Lema, (2ª Aut. Colexio de Coruña)
1ª
Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 18ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD
MALPICA – CAMARIÑAS FC
Data e
hora : Domingo:
25-02-18, 11:00 horas
Árbitro : Sr. Óscar Santos Rodríguez, (Colexio da Costa da Morte)
XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 22ª:
Campo : “Municipal Laracha ” (Laracha,
102 x 61, herba artificial)
Equipos : PONIENTE
– MALPICA
Datas e
hora : Domingo:
25-02-18, 12:00 horas.-
Árbitro : Sr. España Andrade.-