Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 17 de febrero de 2018

Liga da Costa e Cadetes da costa:


       Mala segunda parte da SCD Malpica ante o CD Baiñas, o cal con dous homes que sobresaen na súa dianteira (Javi e Pablo Muiño) e o bregador centrocampísta Cristian Álvarez, bastaron para imporse a unha defensa local algo blanda. 
      Non bastou a constante  loita que mantivo o todo terreo Santi, moi abandoado esta tarde por Dani Casal e Gonzalo, que non tiveron á altura para frear nesta segunda parte o bo facer de Cristian álvarez.

      Goleadores: 0 - 1, m. 60: Cristian Álvarez. 0 - 2, m. 73: Javi. 1 - 2, m. 88: Vituco. 1 - 3, min. 95: Pablo Muiño.

      A pesar do estupendo partido disputado, facendolle fronte a todo un "lider" destacado, os Cadetes da SCD Malpica caeron esta mañá en campo propio ante o Outes CF, o gol local foi obra de Joel Morales, futbolista que comezou de porteiro, pero que o adestrador "Esmoris" sacou na segunda parte para tratar de mellorar o resultado, cousa que non dou froito, por que os visitantes meteronse atras e defenderonse con gato panza enriba. 

Resultados e clasficacions da xornada:
Veteranos:  Malpica 0 - 2  Hosgrán.-



  

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!