Trala exitosa segunda volta que esta a facer o conxunto da SCD Malpica de "Repi", toca neste quinto partido da mesma, desprazarse a Zas, para enfrontarse ao SP. Zas, conxunto que tan sabiamente dirixe o home da "pipa", "mister" Corredoira.
Espérase un partido difícil e moi competido, pois ambos equipos están sacando o mellor que teñen para saír definitivamente dos postos perigosos da táboa, pois, aínda que, nas últimas xornadas ambos os dous lograron escapar momentaneamente, os de baixo tamén veñen apertando.
Os Cadetes de "Esmoris", que están pagando a "novatada" do primeiro ano de partidipación, viaxan tamén, desta vez a Muros, a enfrontarse aos Miudos, equipo que marcha na 2ª posición da táboa e que na súa dianteira aos seus mellores homes, todos eles de máximos goleadores da categoría con 25, 15 e 13 goles cada un.
Os veteranos enfróntanse na "Pedra Queimada" ao San Isidro, e esperan continuar coa súa boa xeira de resultados.
2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 20ª:
Campo : “San Andrés” (Zas,
92 x 57, herba artificial)
Equipos : SP ZAS – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 11-02-18, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. Bruno Méndez Castro (1ª Aut. Colexio de Coruña)
1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 16ª:
Campo : “Eleuterio Balayo” (Muros,
94 x 53, herba artificial)
Equipos : E.D.
OS MIUDOS – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo:
11-02-18, 11:30 horas
Árbitro : Sr. D. Thiaw, Mar(2ª Aut. Colexio da Santiago)
XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 20ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : MALPICA – S. ISIDRO
Datas e
hora : Domingo:
11-02-18, 10:30 horas.-
Árbitro : Sr. Juan Alberto.-
(nota: este partido xógase en
Malpica, por permuta de campos na primeira volta)