Complicada xornada para o equipo de afeccionados malpicán, a que se disputará este domingo, recibindo na "Pedra Queimada" a un rival comarcal mellor clasificado na táboa, que ven a practicamente xogarse as súas últimas opcións para aspirar a unha das dúas prazas que dan dereito ao ascenso ou a promoción.
Pola súa banda á SCD Malpica, que ven de conseguir tres vitorias consecutivas, quere continuar coa racha postiva, para instalarse definitivamente nun posto da táboa que o libere dos posibles apuros do descenso. Será un partido moi disputado, no que a pelota esta no tellado.
Os Cadetes de Esmoris, trala vitoria en Cee, enfrontaránse a un difícil Cabana, e, aínda que non poderán contar co dianteiro goleador Raúl, por sanción, esperan dalo todo para seguir coas vitorias.
Os Veteranos malpicáns, enfrontránse ao Sofán coa moral moi alta despois do triunfo a semana pasada fronte ao Corme.
Así as cousas, éstes son os compromisos dos conxunto malpicans para o domingo, cos horarios e árbitros dos partidos:
2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 19ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD MALPICA – PONTECESO SD
Data e
hora : Domingo: 04-02-18, 16:30 horas.-
Árbitro : Sr. David Castreje Ferrío (1ª Aut. Colexio de Coruña)
1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 15ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD
MALPICA – CABANA SD
Data e
hora : Domingo:
04-02-18, 10:30 horas
Árbitro : Sr. David Vázquez Lema, (2ª Aut. Colexio da Coruña)
XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 19ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : MALPICA - SOFÁN
Datas e
hora : Domingo:
04-02-18, 12:00 horas.-
Árbitro : Sr. Rives.-