“LI” edición da “Copa da Costa” Oitavos de final - Volta:
Resultado: SCD MALPICA 1–1 SD FISTERRA
SCD MALPICA: Abraham; (Pombo, 46), Mario Casal, Adrián, David Castro, Fernando Varela, Martín
Maradona, (Ismael, 75), Juan Carlos, Cheo, (C) Abel, (Petís, 46, xuvenil), Eloy, xuvenil,
(David, 62, xuvenil) Óscar Suárez.
SD FISTERRA: Joselu; (C) Dani, Munitis, Breixo, xuvenil, (Asier, 58, cadete), Robertín, Julito,
Adrián, xuvenil, Noé, xuvenil, Huete, Josema, xuvenil, (Gabi, 54), Mario,
Árbitro: Sr. Pablo Rama Cotelo.- (1ª Aut.- A Coruña). Sobresaínte.
Asistentes: Sres.-----
Goleadores: 1-0, m. 48: xogada individual de Juan Carlos, constituído en interior dereito, xa
dentro da área e, dende a liña de fondo envía un centro que é cortado co brazo
por Robertín, o Sr. colexiado sinala penalti que, lanzado por David Castro bate a Joselu pola súa dereita. 1-1, m. 52: saque de banda efectuado
por Dani, peitea para atrás un defensor malpicán, o coiro a media altura chega
aos dominios de Mario, o cal da espaldas a
portería toca suavemente ao lado contrario de onde se atopaba Pombo, que non
chega ao balón a pesar da súa estirada.
Ambiente e incidencias: Escasos seareiros nas bancadas tan só 70. Tarde con nubes e claros con 16º
de temperatura. Non houbo expulsados nin mancados dado o bo comportamento dos
futbolistas. O partido demorouse no seu comezo, 70 minutos, debido ao non
presentarse o árbitro asinado, o Sr. Pérez Rellán. Logo de algunhas xestións
telefónicas co designador do colexio de árbitros e co Secretario Xeral da FGF,
logrouse que mandaran un substituto.
Xogadas perigosas SCD Malpica: Numerosas foron
as claras ocasións de gol orixinadas p0olo conxunto malpica,
destacando as seguintes: M. 8: Pase
entre liñas de Juan Carlos sobre Abel, pero o seu disparo atállao moi ben
Joselu. M. 24: un pase en
profundidade de Abel sobre o xuvenil Eloy, que este estraga, cruzando en
demasía. M. 28: saque de curruncho
rápido de Juan Carlos sobre Abel, este devólvelle o “coiro” e tira a porta
saído a ras do poste esquerdo. M. 30: rápido
contraataque malpicán con pase de Fernando Varela sobre o desmarque do xuvenil
Eloy, pero este tíralle ao corpo a Joselu. M.
31: combinación entre M. Maradona,
F. Varela, Óscar S. a saída de Joselu aborta a clara ocasión. M. 34 e 35: ataque en tromba da SCD
Malpica, con sendos tiros a bocaxarro 1º de Abel e logo de F. Varela, ambos
rexeitados por Joselu. M. 67: arrincada
de Cheo pola banda dereita por velocidade, plántase ante Joselu, que rexeita, o
“coiro” chégalle a Óscar S. que empalma un potente tiro que salva baixo paus
Munitis. M. 82: rexeite defensivo
visitante que recolle na media lúa Fernando V. o tiro deste sen oposición sae
lambendo o poste. M. 83: xogada
individual de Juan Carlos, que cede a esquerda sobre o desmarque de Óscar S.
este, con toda a portería para el tira alto.
Xogadas perigosas da SD Fisterra: M.
19: xogada de estratexia nun saque de falta dende a liña de
fondo botada por Huete, que abre a media lúa sobre Noé, o remate a media volta
deste moi achegado ao pai dereito de Abraham, o cal milagrosamente, chega a
desviar coa punta da lúa, hacha o dianteiro Adrián, que tira alto. M. 29: tras un rexeite en curto da
defensa local o “coiro” chégalle aos dominios de Huete no punto de penalti, o
seu lanzamento sae fora por moi pouco. M.
74: bonita xogada da dianteira visitante pola banda dereita o centro de
Adrián, remátao con sutil toque Mario, que sae a ras do pau esquerdo de Pombo.
Comentario: Coa eliminatoria
practicamente resolta no partido de ida, o conxunto malpicán, dedicouse a
capear o temporal sen apenas expoñer para que, a SD Fisterra, planada de xuvenís
e con algún cadete nas ringleiras lle puidera facer dano, intentouno si este “baby”
equipo fisterrán e conseguiu o premio de acadar un empate que, de pouco lle
serve pero que lles debe dar moral para futuros compromisos.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da
“Copa da Costa” de fútbol Veterano Oitavos de Final (Volta):
Resultado: MALPICA 0 – 3 DUMBRÍA
Árbitro: Sr. Pichu.- Ben en liñas xerais
Goleadores: 0-1, m. 55. 0-2,
m. 61. 0-3, m. 76.
Comentario: Aínda que
con falta de efectivos: Marco, Manu Pardo, e algún outro… aguantaron os
primeiros 45 minutos moi ben os veteranos do Malpica, incluso con algunha
ocasión de desnivelar o marcador. Na continuación, imperou a clase dun primeira
división sobre un cansado Malpica e os goles caeron un tras outro deixando
xustamente apeado aos malpicáns en oitavos.