Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 4 de mayo de 2014

Crónicas da xornada dos conxuntos da SCD Malpica:



Resultado:       SCD MALPICA    2 – 1    BERTAMIRÁNS CF “B”    
SCD MALPICA:   Abraham; Mario Casal, Adrián, David Castro, Alemán, Andrés, (Petís, xuvenil, 46), Fernando Varela, Juan Carlos, Abel, (Eloy, xuvenil, 76), Eloy Cabeza, Óscar Suárez, (V. Novo, xuvenil, 87).
BERTAMIRÁNS CF “B”:  David; Óscar, Raúl, xuvenil, (Jacobo, 51), Maikel, © Germán, Julio Prol, (Carlos, xuvenil, 71), Cacho, Yordi, Brais, (Alvite, xuvenil 62), Alberto, (Álex Pri, 54), Rober.
Árbitro:            Sr. Núñez Fiúza.- (1ªAut.-A Coruña). Excelente arbitrase, axudado polo comportamento dos futbolistas de ambos equipos.
Asistentes:       Sres. Pereiro Rodguez. e Carballal García.-(3ª Aut..-A Coruña). Moi ben ambos.
Goleadores:     O-1, m. 20: Saque de curruncho en curto de Rober sobre Yordi, este centra, amagan dous futbolistas visitantes, chegándolle o “coiro na media lúa aos pes de Julio Prol, empalmando un tiro raso que se cola na portería de Abraham a ras do pau dereito del. 1-1, m. 52: David Castro, remata só no 2º pau un saque de curruncho botado por Eloy Cabeza. 2-1, m. 79: notable xogada entre o xuvenil Petís, F. Varela, Petís, este manda entre liñas sobre Eloy Cabeza, que bate a David, na súa saída.
Ambiente e Incidencias:   Pouco público nas bancadas, tan só 80 seareiros. Tarde soleada con 22º de temperatura. Non houbo expulsados nin mancados.                   
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 36: primeira chegada con perigo do conxunto malpicán a porta visitante, foi unha internada de Juan Carlos pola banda dereita con chegada a liña de fondo efectuando un centro chut moi pechado ao que non chega por milímetros Óscar Suárez, saíndo o coiro a ras do poste dereito de David. M. 90+2: espléndida combinación entre Juan Carlos e Eloy Cabeza, este abre a banda esquerda sobre o desmarque do xuvenil Eloy, este empalma un tiro cruzado estrelándose na lateral da rede, cando xa se cantaba o gol.
Xogadas de perigo do Bertamiráns CF “B”:  M. 61: o visitante Yordi, realiza unha xogada individual pola banda esquerda, plantándose diante de Abraham, o seu tiro demasiado cruzado, sae lambendo o poste esquerdo da portería local. M. 75: unha gran xogada de Jacobo por banda dereita ata a liña de fondo con centro atrás, remátao a media volta esplendidamente Álex Pri, rexeitando Abraham nunha gran parada e posteriormente a defensa local.
Comentario:     Unha SCD Malpica, con mais acerto no remate, logrou unha sufrida vitoria ante un Bertamiráns “B”, moi “rochoso” que loitou o indicible para facerse co control do partido      .
A loita foi constante, cos dous equipos abertos e, se non se prodigaron na creación de moitas ocasións ante as porterías, foi motivado a que as defensas se impuxeron as dianteiras. Con esta vitoria á SCD Malpica, rompe unha racha negativa de tres partidos  sen marcar un gol, e consolida a 4ª praza polo momento.



















XI edición da “Copa da Costa” de fútbol Veterano eliminatoria previa (Ida):
Resultado:       MALPICA   2 – 1  X. BERGANTIÑOS
Árbitro:            Sr. DUDA.-  Actuación regular, moi presionado polas protestas dos visitantes.
Goleadores:     1-0, m. 17: Internada de Richard, pola banda esquerda o cal sen apenas ángulo envía un centro chut que se cola na portería visitante polo pau curto, un gran gol moi aplaudido. 2-0, m. 68: saque de banda sobre M. Pardo, este envía un pase entre liñas sobre o desmarque de Richard, que bate ao porteiro do Xuventude na súa saída. 2-1, m. 80:  saque de curruncho a prol dos visitantes que o goleador Diego, sen oposición cabecea a rede de Nacho.         
Comentario:     Foi unha mágoa ese gol en contra a falta de 10 m. pois os veteranos malpicáns tiñan ben encamiñada a vitoria con renda de dous goles ante todo un primeira división. De todos os xeitos os malpicáns non descartan facer valer a renda dun gol para o partido de volta e pasar a eliminatoria. 
              
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
                                                                                                       Richard, autor dos dous goles.-