Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 29 de mayo de 2014

Axenda da fin de semana da SCD Malpica:



“LI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Cuartos de Final (Ida):
Campo             :           “San Paio de Refoxos ” (104 x 68)        (Cee)
Equipos           :           UC CEE     SCD MALPICA    
Data e hora      :           Domingo: 01-06-14, 17:00 horas          
Árbitro :           :           Sr. Álvaro Gil Soriano.(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Taboada Dafonte e Vilariño Hidalgo.-(Asistente 3ª división e 2ª Aut.)
Por circunstancias do sorteo e por haberse desfeito dos seus rivais en dezaseisavos e oitavos, a SCD Malpica e o UC Cee, volverán a enfrontarse nunha eliminatoria da “copa da costa” por terceira vez.
O REI DE COPAS DA COSTA”, como así e coñecido o UC Cee, no mundiño “costeiro”, xa que foron SETE, os trofeos conquistados; será un durísimo rival para o conxunto malpicán, pois se a súa experiencia como conxunto “copeiro”, lle engadimos a notable tempada na “liga da costa” que acaba de finalizar na que estivo loitando polo título ata as últimas xornadas e que ao final acadou un honroso 6º posto, con 16 vitorias, 7 empates e 11 derrotas, materializou 78 goles e encaixou 59. Os seus principais goleadores foron: o veterano José Carlos (Llanero), 13 goles e Diego Cespón, 11 goles.
O UC Cee, logrou o seu último título de copa, na T. 06 / 07, fronte á SD Soneira (0-0 e 2-1), conseguindo disputar a final nas Tempadas: 07 / 08  e  09 / 10, fronte ao Ponteceso SD (1-1 e 1-2) e o CF Dumbría (1-1 e 0-3).
Así as cousas, ao o equipo da SCD Malpica, preséntaselle unha eliminatoria complicadísima, onde a diferenza de categoría neste caso vai a servir de pouco, dada a categoría do UC Cee, terán que loitar moito os discípulos de D. Baña, se queren pasar a semis, a cousa non vai estar moi doada, pero os malpicáns, que saben do perigoso que é o rival nesta competición, están moi concentrados e, axudados pola súa afección, desexan conseguilo o pase.
As dúas ocasións que, ao longo das 51ª edicións da “copa da costa”, se enfrontaron os conxuntos do UC Cee e SCD Malpica, foron nas tempadas, resultados e goleadores malpicáns seguintes:  
Tempada 1974 / 75: SCD MALPICA   1 - 0   U C CEE  (Ida - Semifinais)              (Gol: Moraca).
Tempada 1974 / 75:  U C CEE  1-1  SCD MALPICA     (Volta - Semifinais)          (Gol: Souto)
Tempada 1998 / 99:  U C CEE  1-0  SCD MALPICA     (Ida – 1/8 final)
Tempada 1998 / 99:  SCD MALPICA  1-0  U C CEE     (Volta – 1/8 de final)          (Gol: Mino)  (Clasificado UC Cee, penaltis)











Formación do U.C. Cee, da T. 2007 / 08.-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

                                                                 
                
                        David Castro, o lanza penaltis da SCD Malpica da T. 2013/14,
                                                               6 lanzados 6 goles.