Resultado: PONTECESO
SD 2 – 2 SCD MALPICA
PONTECESO
SD: Dani, (x); (Illote, 57), Lorenzo, (x),
(Yousef, (x), 87), Diego, David
Brenlla, Jorge, Mendieta, © Josito, Dieguito, (Ismail, (x), 87), Nando, A.
Recarey, (x), (Dani Cotelo, (x) 87), M. Puente, (Yago, 78).
SCD
MALPICA: Pombo; Mario Casal, (Canario, (x) 64), Adrián, David Castro, Alemán, Andrés,
© (David, (x), 68), Petís, (x), (Almeida, (x), 63), Fernando Varela, J. Carlos,
(Eloy, (x), 46), Eloy Cabeza, Ó. Suárez,
Árbitro: Sr. Mª Eugenia Gil Soriano.- (1ªAut.-A Coruña). Excelente actuación.
Asistentes: Sres. Barros Vidal e Marcos Pazos.-( Pref.Aut. e 2ª Aut..-A Coruña). Boa
actuación, aínda que, o Sr. Marcos Pazos, andou algo titubeante nalgunha
ocasión.
Goleadores: 0-1, m. 17: Falta directa un par de metros fora da área, que executa impecablemente
pola escuadra, Eloy Cabeza. 1-1, m. 40: pase atrás de F. Varela sobre a súa defensa, o “coiro”
intercéptao Nando, que envía un pase entre liñas sobre o desmarque de A. Recarey, o cal só ante Pombo, báteo de tiro por
baixo. 2-1, m. 59: M. Puente, entra
polo vértice da área caracoleando co coiro ante Mario Casal, este deixa a perna
estendida e derrúbao, o claro penalti, transfórmao A.
Recarey, a esquerda de Pombo. 2-2,
m. 75: de novo falta directa ao borde da área local, lanza Eloy Cabeza,
rexeitando en primeira estancia Illote, o “coiro” cáelle ao máximo goleador “costeiro”
Óscar Suárez, que non perdoa, batendo ao
porteiro local.
Ambiente e Incidencias: 90 seareiros nas bancadas nunha
tarde soleada cun lixeiro vento fresco, 16º de temperatura.
Xogadas de perigo do
Ponteceso SD: M. 9: bonita combinación entre Nando e Martín Puente, que deixa a este só ante
Pombo, pero o seu disparo sae a ras do poste. M. 26: sorprendente tiro de A. Recarey, dende fora da área, que fai
lucir a Pombo nunha gran intervención. M.
31: falta directa executada moi ben por A. Recarey, salvando a barreira,
Pombo, envía a saque de curruncho.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: Salvo a falta que ocasionou o gol, a SCD Malpica, non creou ningunha
ocasión na primeira parte. Na segunda, m.
49: envío en profundidade de F. Varela, sobre Petís, que, algo escorado
encara ao porteiro Dani, rexeitando este a saque de curruncho. M. 70: saque de curruncho botado por
Eloy Cabeza, rexeita en curto a defensa local, e Canario, dende o punto de
penalti lanza lixeiramente alto. M. 80: de
novo xogada calcada á anterior, Eloy Cabeza, efectúa outro saque de curruncho,
rexeite en curto a defensa e Alemán, empalma alto.
Comentario: Puxo mais empeño
o Ponteceso SD, en sacar o partido favorable ca o equipo malpicán, quizais por
aquilo da diferenza na táboa; a verdade é que a SCD Malpica, con todo peixe
vendido, dedicouse mais a que pasaran os minutos ca empregarse a fondo.
Os dous equipos déronlle entrada a varios xuvenís para que se vaian
fogueando de cara a vindeiros partidos da copa que se aproximan.
O equipo pontecesán, dille adeus a categoría e a SCD Malpica, finaliza cun
meritorio 4º posto, a espera de
recuperar efectivos para disputar a “copa da costa”.
Sta. Gil Soriano, asistentes e capis. (Andrés e Mendieta)
XI edición da
“Copa da Costa” de fútbol Veterano eliminatoria previa (volta):
Resultado: X. BERGANTIÑOS 6 – 6 MALPICA
Árbitro: Sr. Isidro.- Actuación regular que non satisfixo nin a uns nin a outros.
Goleadores: 1-0, m. 10: Isidro, ao aproveitar un rexeite do traveseiro. 2-0, m. 25: Diego. 2-1, m.
31:
Manu Pardo, de falta directa (descanso).
2-2, m. 46: Luís Naya, moi oportuno
aproveita un rexeite en curto do porteiro a tiro de Richard. 2-3, m. 53: Richard, recibe un pase
entre liñas e de tiro suave bate ao porteiro local na súa saída. 3-3, m. 67: Joaquín. 3-4, m. 68: Fran, intercepta moi
oportuno un pase dun defensor ao seu porteiro. 4-4, m. 73: Joaquín, de cabeza. 5-4, m. 78: Diego de falta directa. 5-5, m. 80: Alberto Barizo. 6-5,
m. 82: Diego. 6-6, m. 87: logo
dun saque de curruncho, Fran, mete o pe oportunamente nun balón que queda morto
na área pequena tras unha serie de tiros e rexeites.
Comentario: Tremenda mañá de
goles no campo de “O Vinculeiro” con
dous equipos lanzados ao ataque, sobre todo na segunda parte, onde se
conseguiron nada menos que nove goles repartidos entre os dous bandos.
Con este empate, os veteranos malpicáns,
conseguen pasar a oitavos de final meritoriamente deixando na cuneta a
todo un primeira división.
Fran, autor de dous goles en Cances.-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!