Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 1 de mayo de 2014

Resultados e cónicas da xornada da "copa da costa":



“LI” edición da “Copa da Costa” Dezaseisavos de final - Volta:
Resultado:         SCD MALPICA   0–0   U D CARNOTA
SCD MALPICA:   Abraham; Mario Casal, Adrián, Andrés, David Castro, Fernando Varela, (Víctor Novo, xuvenil, 86), Eloy Cabeza, Juan Carlos, Abel, (Eloy, 70, xuvenil), Martín Maradona, (Petís, 46, xuvenil), Óscar Suárez.
UD CARNOTA:   Luís de la Peña; Ferreiro, Tono, Manolo Chouza, Pablo, Nakata, Pumuky, (Elías, 78), David, Joselu, (Rodrigo, 55), Andrés Fandiño, (Adrián, 55), Manuel Luís.
Árbitro:            Sr. Méndez Castro.- (Pref. Aut.- A Coruña). Moi ben.
Asistentes:       Sres.-----                       
Goleadores:     Non houbo goles.-                  
Ambiente e incidencias: Tan só 90 seareiros nas bancadas. Tarde nubrada sen chuvia, 16º de temperatura. Non houbo mancados de consideración nin expulsados.               
Xogadas perigosas SCD Malpica:  A pesar de que a SCD Malpica non se empregou coa intensidade que o partido requiría e acabou sen que se movera o marcador, a verdade é, que gozou da varias oportunidades, das que anotamos as mais destacadas: M. 13: unha xogada entre Eloy Cabeza, Martín Maradona, acaba cun remate ao poste de Óscar Suárez. M. 23: nova combinación entre Eloy Cabeza, Óscar Suárez con cesión ao desmarque de Adrián, que este empalma alto. M. 24: internada de Fernando Varela con centro a Óscar Suárez, este remata rexeita nun defensor o “coiro” cáelle de novo a Fernando Varela e, o posterior remate sácao a saque de curruncho Luís de la Peña en áxil estirada. M. 30: centro de Martín Maradona e Óscar Suárez, erra o remate na boca de gol. M. 50: falta botada con moita picardía de Juan Carlos sobre Abel, este a media volta dispara alto por pouco. M. 81: a mellor xogada da tarde é protagonizada cunha excelente parede entre Fernando Varela, Óscar Suárez, Fernando Varela, cuxo remate deste, sálvao Luís de la Peña, nunha rápida saída enviando a saque de curruncho. M. 90: un descomunal despiste defensivo visitante permítelle a Óscar Suárez quedar só ante Luís de la Peña, pero faise un lio co “coiro” e, desperdicia unha gran ocasión. M. 90+2: internada pola banda dereita de Juan Carlos, cun medido centro raso sobre Óscar Suárez, este remata a media volta salvando un defensor baixo paus.
Xogadas perigosas da UD Carnota:     M. 14: unha indecisión defensiva por parte do equipo local, permítelle a o dianteiro centro carnotán Joselu, irse só cara Abraham, pero o seu tiro algo precipitado, sae lambendo o poste esquerdo. M. 45: centro longo de Pumuky a cabeza de Manuel Luís, que peitea cara atrás o “coiro” as mans dun Abraham ben colocado. M. 83: gran susto para parroquia local       nunha xogada individual de Manuel Luís, que resolve cun tiro dende cerca, pero Abraham moi atento desbarata cos pes enviando a saque de curruncho.
Comentario:     Unha SCD Malpica, con tres xuvenís nas súas ringleiras, sacou adiante os dezaseisavos de final da “copa da costa”, coa renda dun gol conseguido na ida en “Lombáns”; ante un conxunto da U.D. Carnota, tamén moi mermado de futbolistas titulares, pero que lle plantou cara dende o primeiro ao último minuto coas súas armas, intensidade e gañas de vender cara a súa eliminación.
A pesar de que  as mais claras e numerosas ocasións tivéronas os malpicáns, os poucos seguidores locais que estiveron nas bancadas, respiraron tranquilos cando o sr. colexiado asubiou o final do partido.





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!