Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 30 de abril de 2014

Previa dos dezaseisavos de final da "Copa da Costa" (volta):



“LI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Dezaseisavos de Final (volta):
Campo             :           “Pedra Queimada, 100 x 60”      (Malpica)
Equipos           :           SCD MALPICA    UD CARNOTA
Data e hora      :           Xoves: 01-05-14, 18:00 horas  
Árbitro :           :           Sr. Bruno Méndez Castro.(Pref. Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. .------
Logo do tremendo revés e decepción sufrido o pasado domingo ante o C.S.D Arzúa, na que os futbolistas, corpo técnico e por suposto os afeccionados quedaron moi tocados psicoloxicamente, a SCD Malpica, afronta noutra competición distinta, e na que aínda se pode conseguir bos froitos, pero para elo hai que deixar aparcada momentaneamente a liga e centrarse vivamente na “COPA DA COSTA”, competición de moi gratos e cercanos  recordos para o club malpicán, pois aínda este fresca a final xogada na campaña pasada.
Así que, hai que levantar esa moral e centrarse no partido de volta contra á UD Carnota; un equipo que chega a “Pedra Queimada” ferido polo resultado adverso da ida, pero que a falta de dúas xornadas para o termino da súa liga esta clasificado libre de apuros na zona media da táboa e virá a vender cara a súa derrota.
Así pois, hai que insistirlle a todo plantel da SCD Malpica, incluídos técnicos e xunta directiva que, tal como esta o desarroio da competición é moi doado chegar lonxe, pero para elo, hai que levantar o ánimo e centrase neste partido coma se fora a final, e nada de saír relaxados, para non encaixar un gol nos primeiros minutos que dificultaría a remontada. Ánimo e a gañar.
Marcador do partido de ida:
17-04-14: UD CARNOTA  0–1 SCD MALPICA           (Goles: 0-1, m. 64: Abel).  
                                                                                          Formación da SCD Malpica en Carnota.-


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!








Plantel da UD Carnota na ida (0-1)


Abel, goleador malpicán en Carnota.-