Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 17 de abril de 2014

Crónica partido "copa da costa" da SCD Malpica e resultados:



“LI” edición da “Copa da Costa” Dezaseisavos de final - Ida:
Resultado:         U D CARNOTA  0–1   SCD MALPICA
UD CARNOTA:   Luís de la Peña; Ferreiro, (David, 80), Pablo, Manolo, Pedro, Nakata, Pumuky, Iván, (Elías, 76), Fernando, Rodrigo, © Manuel Luís, (Novito, 87).
SCD MALPICA:   Abraham; Mario Casal, Adrián, David Castro, Alemán, Fernando Varela, Eloy Cabeza, Juan Carlos, (Cheo, 69), Abel, (Eloy, 79, xuvenil), Ismael, © (Petís, 84, xuvenil), Martín Maradona, (Óscar Suárez, 64).
Árbitro:            Sr. Álvaro Gil Soriano.- (1ª Aut.- A Coruña). Unha arbitraxe tecnicamente perfecta, en canto a colocación e sinalar as incorreccións. Pero moi rigoroso a hora de mostrar as tarxetas, pois non deixa queixar aos futbolistas nin cando reciben un golpe casual, xa que enseguida aparece el coa tarxeta. É unha mágoa que bote a perder deste xeito os partidos, pois ten maneiras de bo árbitro para o futuro.  
Asistentes:-----              
Goleadores:     0-1, m. 64: xogada na frontal da área de Martín Maradona, enviando un pase entre liñas sobre o desmarque de Abel en pugna co central Manolo, este, chega primeiro ao “coiro” e rexéitao, con tan mala fortuna para o seu equipo, que da na bota do propio ABEL, entrando o balón na portería baleira de Luís de la Peña, que tamén iniciara a saída.           
Ambiente e incidencias:          Pouca afluencia de xente nas bancadas de “Lombáns” tan só 60 seareiros, nunha tarde espléndida de sol que invitaba mais a praia ca ó fútbol. 27º de temperatura.
No min. 66, o Sr. Gil Soriano, expulsou ao adestrador local, Alfredo Cambeiro, con dobre amarela, por supostas protestas, nun partido que non houbo motivo algún para elo, pois celebrouse cunha exquisita deportividade. Non houbo mancados.           
Xogadas perigosas da UD Carnota:     M. 24: unha xogada persoal  de Ferreiro polo centro permítelle quedar só ante o porteiro malpicán Abraham, pero este desvía cos pes nunha gran intervención, o “coiro” chégalle de novo a Ferreiro, pero desta vez o seu disparo sen ángulo, sálvao Juan Carlos, arrimado ao poste. M. 90: falta directa ao borde da área, o tiro raso do central Manolo salvando a barreira, desvíao coa punta da lúa o porteiro Abraham,o “coiro” bate no poste e queda dando voltas sobre a raia de gol, David Castro moi oportuno rexéitao, aloxando o perigo do posible empate.
Xogadas perigosas SCD Malpica: M. 15: primeiro saque de curruncho favorable á SCD Malpica, bótao Eloy Cabeza, o testarazo de Mario Casal, sálvao nunha gran intervención Luís de la Peña. M. 27: sorpresivo tiro de Abel dende fora da área, que o porteiro local rexeita a saque de curruncho. M. 43: disparo de Martín Maradona, dende o vértice da área, que desbarata Luís de la Peña, a saque de curruncho. M. 71: internada de Cheo pola dereita cun medido centro a Óscar Suárez, pero o seu testarazo, sae lambendo a cepa do poste. M. 78: nova colada de Cheo, por banda, métese por velocidade dentro da área e, sen apenas ángulo lanza un zapatazo, que o porteiro local salva rexeitando a saque de curruncho.
Comentario:     Non saíron os malpicáns neste partido coa intensidade da liga, quizais por que o rival era de inferior categoría; delo aproveitouse a UD Carnota que parecía que disputaba o partido cunha marcha mais, sobre todo ata que tivo forzas para elo. Os carnotáns, chegaban con mais profundidade mentres que os malpicáns, pasaban e repasaban o “coiro” en defensa e medular, pero sen crear o perigo necesario, ao final unha carambola dun rexeite nos pes de Abel, decantou o partido para ao seu favor, pero tamén hai que destacar as dúas intervencións de Abraham, abortando as únicas ocasións de perigo que tiveron os locais. A volta en Malpica o 1º de Maio, na que se coñecerá o equipo que pase a oitavos. 

Ismael (Malp.)  e Rodrigo (Carnot.) capis co árbitro.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!