Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 6 de abril de 2014

Crónicas dos partidos da SCD Malpica, desta fin de semana:



Resultado:       SCD MALPICA    2 – 1    AMIO CF   
SCD MALPICA:   Pombo; Adrián, Manu Casal, (Mario Casal, 14), David Castro, Alemán, (M. Maradona, 65), Andrés, Eloy Cabeza, Cheo, Abel, (Fernando Varela, 51), Juan Carlos, Óscar Suárez, (Jorge, xuvenil 90+4).
AMIO CF:              Couselo; Tojo, Gonza, Tito, Vilas, Gelo, © Toxho, (Castro, 75), Pablo, Jairo, Antonio, (Karín, 81),  Marcos.
Árbitro:            Sr. Carro Moreira.- (1ª Aut.-A Coruña). Irregular, nalgúns momentos descompensado cos seus asistentes.
Asistentes:       Sres. García Gómez e Esmorís Lema.-(.-A Coruña). Regulares.    
Goleadores:     0-1, m. 39: Toxho, curta un avance local na divisoria dos dous campos            enviando en
profundidade sobre JAIRO, este no medio de dous defensas locais consegue adentrarse na área escorado a esquerda, sorprendendo a Pombo cun tiro cruzado coa zurda que entre na rede a pesar de que o porteiro consegue tocar o “coiro”. 1-1, m. 71: saque de curruncho efectuado por Eloy Cabeza, salvando por alto a defensores e porteiro, ao 2º pau, alí, aparece ÓSCAR SUÁREZ, cun acrobático remate que introduce o “coiro” na portería de Couselo. 2-1, m. 78: combinación ao primeiro toque entre Adrián, Fernando Varela, Juan Carlos e Cheo, este salva por velocidade ao seu marcador, e, dende a liña de fondo envía un centro ao corazón da área, de novo o cazagoles ÓSCAR SUÁREZ, chega de atrás empalmando un chupinazo que se clava na rede de Couselo coma unha exhalación.
Ambiente e Incidencias:          Frouxa entrada, con 110 seareiros. Tarde gris sen chuvia con 17º de temperatura. No m. 14, froito dun choque entre Pombo e Manu Casal, este tivo que saír mancado cun tremendo golpe na perna dereita. Expulsado o futbolista do Amio CF, Marcos (m. 70), por dobre amarela, ambas por dúas feas entradas a Mario Casal.   
Xogadas de perigo da SCD Malpica: M. 36: primeira chegada da SCD Malpica a porta visitante, cun remate de cabeza de Mario Casal, que parou moi ben Couselo, pero a xogada estaba invalidada por fora de xogo. M. 47: gran parada de Couselo a testarazo de cabeza de Mario Casal, tras un saque de curruncho de Cheo. M. 61: derrubo de Tito sobre Juan Carlos, no vértice da área, o árbitro non sinalou nada a pesar das reclamacións locais. M. 69: un medido centro de Cheo remátao da cabeza Fernando Varela, á parte posterior do traveseiro. M. 73: Pombo efectúa un saque en longo ata a liña de tres cuartos do Amio, toca de cabeza en semifallo para atrás o defensa Vilas, o “coiro” chega aos dominios de Óscar Suárez, o cal ao ver a Couselo adiantado, envía unha vaselina por enriba del dende uns vinte e cinco metros, saíndo a ras do poste dereito da portería.
Xogadas de perigo do Amio CF: M. 19: un erro no rexeite de Mario Casal, permítelle a Marcos, irse só e encarar a Pombo, pero o porteiro malpicán nunha gran intervención desvía o suficiente para evitar o perigo. M. 21: saque de curruncho botado por Toxho, prodúcese un liorta na área pequena malpicán, hai sendo remates a boca do xerro, por parte de Marcos primeiro, e Pablo despois, que son salvadas milagrosamente por Pombo, a última, na mesma liña de gol.
Comentario:     Todas as tempadas os equipos teñen o partido dos chamados “tontos” o desta tarde tocoulle aos futbolistas da SCD Malpica, sobre todo na primeira parte, onde os malpicáns non deron unha a dereitas, que, si se fora ao descanso con 0-3, non era sorpresa ningunha, visto o visto.
Menos mal que na segunda parte os locais melloraron moito e conseguiron remontar un partido que, polos motivos expostos, puxérase moi costa arriba, a elo contribuíu de maneira moi efectiva o veterano goleador Óscar Suárez, que esta a vivir unha segunda xuventude, marcando goles de vella factura.




















1ª Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 9ª xornada:                                                            
Resultado:       XALLAS SC CF    6 – 1   SCD MALPICA  
XALLAS SC CF: Álvaro; Miguel, © (Ángel, 68), Martín, Pérez, Jacobo, Fabián, Pablo Landeira, Adrián, Barbeira, (Steven, 46), Torres, Tefy.
SCD MALPICA:  Almeida; (C) Brais, Chols, Canario, Víctor Novo, Jorge, Petís, Mouri, (Plejo, 68), David, Eloy, Kevin.
Árbitro:            Sr. Vilas Lorenzo, Miguel Ángel.- (1ª Aut.- Santiago). Non só se dedicou a facer unha excelente labor, senón, que incluso se parou a aprender a sacar de banda a algún futbolista que o facía reiteradamente mal. Caso que lle recorda ao comentarista trasladarse aos anos 70 e 80, cando algún colexiado no fútbol base facía igual, agora non é habitual velo.
Goleadores:     1-0, m. 25: Adrián saca un falta dende o círculo central directamente a porta, o eventual porteiro malpicán Almeida, non bloca e    váiselle das mans, Tefy, moi oportuno remata coa testa a rede.            2-0, m. 28: colada de Miguel pola dereita, xa dentro da área tira cruzado, rexeita cos pes Almeida, é Barbeira a porta valeira marca. 3-0, m. 37: combinación túa miña entre Adrián e Pablo Landeira, que este resolve ante Almeida cun tiro colocado e suave. 3-1, m.45: saque de curruncho botado por Eloy, e impecable testarazo de Víctor Novo. 4-1, m. 58: sorprendente tiro de Adrián dende uns 40 metros, que bate a Almeida, logo de esvarar baixo paus. 5-1, m. 67: nun ataque combinado do equipo local, o “coiro” chégalle aos dominios de Pablo Landeira desmarcado que, cun tiro suave a esquerda de Almeida báteo por baixo. Xogada de estratexia nun saque de curruncho entre Adrián e Pablo Landeira, este recibe no vértice da área e, sen oposición clava o “coiro” pola escuadra de Almeida.
Ambiente e incidencias:          60 seareiros nas bancadas de “Fontenla” en tarde-noite nubrada e cun constante orballo. Non houbo expulsados nin mancados. Como curiosidades anecdóticas, caben destacarse as seguintes: no conxunto da SCD Malpica, tivo que aliñar de porteiro o dianteiro Almeida, ao estar operado do fémur o titular e único porteiro da plantilla Manuel. En canto ao Xallas SC., no min. 68, o seu adestrador realizou o troco do seu porteiro suplente polo titular, pasando este a xogador de campo retirándose o lateral dereito Miguel. 
Xogadas de gol do Xallas SC CF: M. 11: tiro raso e potente de Torres, que sae rascando o poste esquerdo. M. 16: falta á altura da liña media visitante que executa Torres, con gran parada de Almeida. M. 19: Pablo Landeira, no vértice da área pequena, recolle un rexeite do porteiro tirando a pracer o porteiro malpicán volve a lucirse. M. 23: falta directa lanzada por Adrián a escuadra, Almeida envía a saque de curruncho.
Xogadas de gol da SCD Malpica: M. 12: Petís, realiza unha gran xogada pola dereita con cambio de orientación sobre Kevin, este empalma un tiro cruzado que sae a ras do pau esquerdo de Álvaro. M. 33: saque de curruncho efectuado por Eloy, rexeita en curto a defensa e Víctor Novo de gran disparo envía ao traveseiro. M. 90: colada de Petís, pola banda esquerda salvando contrarios ao encarar ao porteiro este derrúbao, o claro penalti encargase de lanzalo o lateral esquerdo malpicán Chols, a esquerda de Ángel, fora.
Comentario: Unha SCD Malpica, con moitas baixas e con varios dos titulares aliñados “tocados”, saíu amplamente goleado do campo xalleiro con toda xustiza, ante un rival esta tarde moi superior.
Os xuvenís malpicáns están desexando que se acabe pronto a liga, para intentar recuperarse para o torneo de copa.

 Miguel e Almeida (Capis) co Sr. Colexiado.-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!



 


















XI edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 28ª Xornada:
Resultado:       MALPICA   2 –1   SOFÁN
Árbitro:            Sr. Duda.-  Actuación algo irregular, pese a súa xuventude.
Goleadores:     0-1, m. 47: contraataque do bando visitante que culmina José Luís, ante o porteiro local Nacho.           1-1, m. 54: “coiro” entre liñas que recibe Richard, este marcha por velocidade da defensa e bate de vaselina ao porteiro visitante. 2-1, m. 85: Marcelino, intercepta unha mala cesión dun defensor ao seu porteiro e marca a porta valeira.    
Comentario: Co vento a favor  os veteranos malpicáns non foron quen de desnivelar o marcador na 1ª parte (0-0). Na continuación, serenaron mais o xogo alzándose coa merecida vitoria, pese aos dous ou tres perigoso contraataques dos sofanistas.