IX “Copa
da Costa” xuvenil – Oitavos de Final (ida):
Campo : “Ara Solis” (Fisterra)
Equipos : SD
FISTERRA - SCD MALPICA
Data e Hora : Sábado:
19-04-14, 17:00 horas
Árbitro : Sr. Romero Rama, José María. (.-Santiago)
Asistentes : Sres. .----
Terminadas as dúas fases da liga, tócalle ao conxunto xuvenil da SCD
Malpica incorporarse a IX edición da “copa da costa”, competición que, na
última tempada chegou a semifinal.
Comeza pois a andaina do clube malpicán e comeza cun rival correoso e
peleón, pois, aínda que non logrou clasificarse na liga regular para a segunda
Fase, os fisterráns demostraron durante toda campaña que foron un rivais dignos
a ter en conta.
No que vai de copa, a SD Fisterra, quedou primeiro de grupo con 13 puntos
en 6 partidos, gañou 4, empatou 1 e só perdeu 1, marcou 20 goles (3,33 goles de
media por partido) e encaixou soamente 9.
Complicado rival pois para o equipo xuvenil, pero os malpicáns, despois de
irregular liga da 2ª Fase, queren centrarse na competición de copa, e
resarcirse nela realizando unha boa campaña, demostrando que son capaces de
mellorar o realizado ata de agora.
O último enfrontamento cos xuvenís fisterráns, foi na 2ª Fase da liga da
tempada 2012/13, dándose estes resultados:
26-01-13: SCD
MALPICA 5-3 SD FISTERRA
(Goles: 1-0: M. Maradona. 1-1: Pazos (p). 2-1: Juny. 2-2:
Pazos. 2-3: Bruno. 3-3: Eme. 4-3: Almeida. 5-3: Almeida.
02-03-13: SD FISTERRA 5-5
SCD MALPICA (Goles: 1-0: Josiño.
1-1: Petís. 2-1: Abel. 3-1: Abel. 3-2: Eme (p). 3-3: Juny. 4-3: Abel. 5-3:
Álex. 5-4: Petís. 5-5: Lexi.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
Gabi, Cadete da SCD Malpica.-
SD Fisterra xuvenil, T.12/13.-