Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 25 de abril de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta semana:



1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 32ª :
Campo             :           “Pedra Queimada, 100 x 60”      (Malpica)                     
Equipos           :           SCD MALPICA    C. S. D  ARZÚA  
Data e hora      :           Domingo: 27-04-14, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. David Castreje Ferrío.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Orozco Corredoira e Pérez Gil.-(2ºB e 3ª Aut..-A Coruña).
Chégase a antepenúltima xornada de liga, e chégase, con moitas expectativas de acadar o 2º posto da táboa que da opción a disputar a promoción de ascenso a Preferente Autonómica.
Tres son os equipos que aspiran a conseguir dito posto: SD Villestro, C.S.D Arzúa e SCD Malpica, os dous primeiros empatados a 63 puntos e o equipo malpicán con 61.
Coa visita do C.S.D Arzúa a “Pedra Queimada” o vindeiro domingo, ten á SCD Malpica, a oportunidade de adiantar aos arzuáns e logo a falta de dúas xornadas depender de si mesmo para alcanzar o tan ansiado 2º posto cun calendario favorable, pois recibirá ao Bertamiráns “B” e viaxará a Ponteceso, co equipo local descendido. A SD Villestro, ten un duro rival na última xornada recibindo ao campión CF Noia.
Así as cousas, á SCD Malpica para manter vivas as esperanzas, ten que vencer o domingo ao C.S.D Arzúa, equipo que fixo unha gran tempada mantendo unha regularidade encomiable e só afrouxou algo nas últimas xornadas. Gañou, 19 partidos, empatou 6 e perdeu 6, acredita 52 goles a favor e tan só recibiu 27, nas 31 xornadas disputadas.
O corpo técnico e os futbolistas da SCD Malpica, saben o que se xogan, esperan atopar moitas dificultades, pero están concentrados e ilusionados ao máximo para sacar o partido adiante coa axuda da afección, que acudirá en masa a “Pedra Queimada” para animar ao seu equipo a conseguila vitoria.
Noutro orde de cousas e moi agradables, destacar a incorporación definitiva aos adestramentos do bravo defensa da SCD Malpica, DANI GARCÍA, logo de sete meses no dique seco, tras dúas operacións dun nocello. O futbolista, mancárase, o 13-10-13, fronte ao Piloño. Desexámoslle unha rápida incorporación ao equipo.  
Resultado da primeira volta:
15-12-13: C. S. D ARZÚA   3–2   SCD MALPICA       (Goles: 0-1, Óscar Suárez. 1-1, Iván. 2-1, Miguel. 2-2, Óscar Suárez. 3-2, Zequi).
 Equipos da SCD Malpica e C.S.D Arzúa, no seu enfrontamento da 1ª volta.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!