Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 26 de abril de 2014

Crónica do partido SCD Malpica-C.S.D Arzúa:



Resultado:       SCD MALPICA    0 – 5    C. S. D ARZÚA    
SCD MALPICA:   Pombo; Adrián, Manu Casal, (Mario Casal, 56), David Castro, Alemán, Fernando Varela, Juan Carlos, Cheo,(C) Abel, Ismael, (Eloy Cabeza, 5), Óscar Suárez.
C.S.D ARZÚA:     Iago; Enjamio, (C) Suso, Lucas, (Víctor, 73), Fenoy, Jony, (Rudy, 75), Esteban, Ico, (Oregón, 46), Iván, (Zequi, 69), Miguel, Albertito.
Árbitro:            Sr. Castreje Ferrío.- (1ªAut.-A Coruña). Aínda que foi moi protestado polos futbolistas e público local, a verdade é que tivo unha actuación moi aceptable.
Asistentes:       Sres. Orozco Corredoira e Pérez Gil.-(2º B e 3ª Aut..-A Coruña). Regulares, protestóuselle algunha sinalización de foras de xogo e outras que non sinalaron, sobre todo nos dous últimos goles.     
Goleadores:     0-1, m. 2: no primeiro ataque visitante un balón solto que lle chega a Albertito preto do vértice dereito da área, sorprende a Pombo cun tiro cruzado a ras do poste. 0-2, m. 49: saque de curruncho botado por Iván, que o central Fenoy, entrando dende atrás cabecea a rede.   0-3, m. 58: un balón controlado por Iván con cesión ao desmarque de Albertito, que fusila a Pombo. 0-4, m. 68:  xogada por banda dereita de Albertito, cun centro longo sobre á área para que Miguel, a pracer a envía a rede. 0-5, m. 74: Zequi, coa defensa local parada ao estimar fora de xogo do dianteiro, bate dende cerca a Pombo.
Ambiente e Incidencias:  150 seareiros presenciaron o encontro, en tarde nubrada con 16º de temperatura. Non houbo expulsados. Mancados os locais Ismael, m. 5 e Manu Casal, m. 56.    
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 8: centro chut, dende a banda esquerda de Manu Casal, que da no traveseiro de Iago, cando este estaba batido. M. 14: combinación entre Óscar Suárez, Abel, con centro deste e, o posterior testarazo de Óscar Suárez, vaise alto lambendo o traveseiro. M. 35: xogada de Juan Carlos, con pase atrás a media lúa sobre Fernando Varela, este tira forte, respondendo cunha gran parada Iago. M. 72: bonita combinación pola banda dereita entre, Cheo e Adrián, o posterior centro deste dende a liña de fondo, remátao no 1º pau Óscar Suárez, desviando a saque de curruncho o porteiro visitante Iago, noutra gran parada.
Xogadas de perigo do C.S. D Arzúa:  O que fixo conxunto arzuán foi aproveitar practicamente todas as oportunidades ao 100%, pois logo de conseguir 5 goles, que xa é bastante, os poucos tiros que tivo foron sempre ben  resoltos por Pombo. Destacamos un testarazo de Enjamio a saque de curruncho (m. 45+2) e un tiro dende fora da área de Miguel no m. 77. Tamén lle foi invalidado un gol ao dianteiro centro Iván, por claro fora de xogo, aínda que o propio futbolista protestouno.
Comentario:     Non pode enturbar, a clara derrota da SCD Malpica esta tarde fronte ao C.S.D Arzúa, toda unha tempada magnificamente pródiga en bos resultados, cunha 4ª praza excelentemente conseguida, mellorando a 7ª da tempada pasada.
O conxunto do C.S.D Arzúa, neste partido, foi claramente superior, quizais, a clave do partido foi a consecución tan cedo do primeiro gol, que lle deu alas aos visitantes e, mermou psicoloxicamente aos locais. Agora a concentrarse na competición da “Copa da Costa” e intentar igualar polo menos a actuación da pasada tempada, coa chegada a final.  

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!