1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 31ª :
Campo : “Municipal de Valga” (Valga -
Pontevedra)
Equipos : CORDEIRO
CF –
SCD MALPICA
Data e hora : Domingo: 13-04-14, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. Carlos A. González Fernández.-(1ª Aut.-Vigo).
Asistentes : Sres. Capón Álvarez e Davila Fernández.-(.-Vigo).
A falta de catro xornadas para que finalice a competición, quédalle á SCD
Malpica, o desprazamento mais longo do campionato, nada menos, que a localidade
de Valga, na provincia de Pontevedra a uns cuantos quilómetros de Padrón e Pontecesures.
Os malpicáns, que non saben o que é perder en toda a segunda volta do
campionato, esperan continuar imbatidos, para recibir na xornada seguinte, ao
C.S.D. Arzúa, que é o equipo que o precede na clasificación e, co que loita
para conseguir a segunda praza que da dereito a disputar a promoción de ascenso
co segundo clasificado da 1ª Autonómica Grupo 1º. A empresa non vai ser doada,
pois o Cordeiro CF, que ten un partido por celebrar contra o Sigueiro CF, figura
na táboa de antepenúltimo con 29 puntos e vai loitar o indicible por conseguir
a vitoria.
Ao longo da tempada o Cordeiro CF, gañou 9 partidos, empatou 2 e perdeu 18,
materializou 35 goles e encaixou 55.
Os malpicáns, que nas vindeiras dúas xornadas xogarán na “Pedra Queimada”, non
queren deixar pasar a oportunidade de poder chegar a última xornada coas
aspiracións que a principio da tempada non se contaba, pero que agora é unha
realidade a falta de catro xornadas.
Resultado da primeira
volta:
08-12-13: SCD MALPICA 2–2 CORDEIRO
CF (Goles: 1-0: Óscar Suárez. 1-1: Leandro. 2-1: Óscar Suárez. 2-2: Mateo).
1ª
Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 2ª volta – 10ª e última Xornada:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : SCD
MALPICA - SCDR
ESTEIRANA
Data e hora : Sábado:
12-04-14, 17:00 horas
Árbitro : Sr. Yañez Muiño, Iván.- (2ª Aut..-A Coruña).
Xa con todo peixe vendido, chega a SCD Malpica xuvenil ao final da Segunda
Fase da Liga, na que, elementos en forma de mala sorte nalgúns partidos,
expulsións por irse da lingua noutros e lesións e falta de concentración
nalgúns outros, ocasionaron que esta tempada non se puidera mellorar o 4º posto
da pasada campaña, qué, aínda se pode, caso de gañar á SRCD Esteirana e que o
Cabana perda en Dumbría, por mellor coeficiente particular de goles co equipo
cabanés.
Sabemos que o conxunto Esteirán non é unha pera en doce, pero como xa esta
clasificado é moi posible que non veña a Malpica a dar o do de peito, por elo
os rapaces locais, deberán loitar para acadar o 4º posto, e de paso vingarse un
pouco da goleada encaixada en Esteiro.
Na primeira volta desta
2ª Fase o resultado foi:
08-03-14: SCDR ESTEIRANA 6–0 SCD
MALPICA (Goles: 1-0, Adrián, 2-0, Jorge p m. 3-0: Adrián. 4-0, Pablo, 5-0, Pablo.
6-0, Raúl).
XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta - Xornada 29ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : MALPICA - LEILOIO
Data e hora : Domingo:
13-04-14, 11:00 horas
Árbitro : Sr. Juan.-
Resultado da primeira
volta:
15-12-13: LEILOIO
4 – 0
MALPICA
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!