1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 30ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : SCD
MALPICA – AMIO CF
Data e hora : Domingo: 06-04-14, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. Carro Moreira.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes : Sres. García Gómez e Esmorís Lema.-(.-A Coruña).
Recibe a SCD Malpica esta fin de semana ao conxunto santiagués do Amio CF,
equipo que marcha clasificado no posto 13º, moi preto dos postos de perigo de
descenso pois só acredita 30 puntos, froito de gañar 7 partidos, empatar 9 e
perder 13, marcou 31 goles e recibiu 43, parece pois un conxunto asequible para
que os malpicáns poidan continuar a súa impecable racha de resultados
favorables.
A racha de resultados da SCD Malpica nesta segunda volta, como queda dito é impecable, pois aínda non coñece a
derrota nas doce xornadas que se
levan disputadas, vencendo en 8 partidos e empatando en 4, realizou 24 dianas
(2 de media por partido) e tan só encaixou 4 tantos.
A SCD Malpica pois, quere continuar sen perder e manter a 3ª praza na
táboa, incluso aspira a desbancar ao C.S.D. Arzúa, do 2º posto, equipo ao que
ten que recibir na Malpica dentro de 15 días. Pero para elo, ten que vencer ao
Amio CF, que non será nada fácil, pois os de Santiago, veñen coa intención de
loitar a morte, para intentar saír dos posto baixos da táboa.
Resultado da primeira
volta:
01-12-13: AMIO CF 0–0 SCD
MALPICA (Goles:).
1ª
Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 2ª volta – Xornada 9ª:
Campo : “Fontenla” (Santa Comba)
Equipos : XALLAS DE
S.C -
SCD MALPICA
Data e hora : Sábado:
05-04-14, 20:00 horas
Árbitro : Sr. Vilas Lorenzo.- (.-Santiago).
A SCD Malpica xuvenil, rende visita a Santa Comba, nunha hora pouco
habitual para celebrar partidos (8 da tarde), hora, que por coincidir a data co
equipo local de Preferente Autonómica, lles toca variar aos xuvenís.
Pero os malpicáns que están curtidos en mil batallas, desprázanse con moita
moral, trala última vitoria fronte ao Corme CF, e van desexosos de devolverlle
aos xalleiros a derrota que estes lle infrinxiron en Malpica, tras ir gañando o
partido ata os últimos momentos.
Así as cousas; os malpicáns que xa recuperan para este partido aos
sancionados, Eloy e Víctor Novo, así como aos mancados, Mouri e Guille, están
coa plantilla ao completo e queren demostrar que, están capacitados para facer
unha mellor clasificación ca que realizaron ata de agora e que, por causa da
mala sorte, perderon partidos pola mínima.
Na primeira volta desta
2ª Fase o resultado foi:
01-03-14: SCD MALPICA 1–2 XALLAS
S.C. (Goles: 1-0, m. 36: Eloy. 1-1, m. 71 Iván Pastoriza. 1-2, m. 75: Landeira).
XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta - Xornada 28ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : MALPICA - SOFÁN
Data e hora : Domingo:
06-04-14, 11:00 horas
Árbitro : Sr. Duda.-
24-11-13: SOFÁN 2 – 3
MALPICA
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!
Chucho, bravo defensa do Malpica de veteranos.